A Festa da Arribada da Carabela Pinta a Baiona celébrase nesa vila conmemorando a chegada á mesma de Martín Alonso Pinzón na carabela Pinta o 1 de marzo de 1493, trala primeira viaxe de Cristovo Colón a América, cunha escenificación da súa arribada. A festa celébrase o primeiro sábado e domingo de marzo. Está catalogada como festa de interese turístico internacional de España e acolle cada ano unhas 30.000 persoas.
Historia Na viaxe de volta dende América, a carabela Pinta foi separada do resto das naves por unha tempestade á altura das Illas Azores. No barco viña enrolado o baionés Cristóbal García Sarmiento, gran coñecedor destas costas, polo que se tomou rumbo nordeste cara a Baiona, a onde chegan o 1 de marzo de 1493. A tripulación pasou uns días de descanso en Baiona e aproveitou para abastecerse de novo de víveres. O 11 de marzo partiu ata Palos de la Frontera, cidade dende onde partira a expedición.
Descrición A celebración consiste nunha festa medieval nas rúas da vila vella onde hai, ademais de música tradicional e xograres, postos de comida galega e artesanía. Fanse ademais actos coas vilas irmandadas de Palos de la Frontera, Santa Fe e Pornic. A Praia da Ribeira é o escenario principal no que se realiza o acto da celebración, a reconstrución do relato que Martín Alonso Pinzón e os seus tripulantes fixeron polo descubrimento ó corrixidor de Baiona o día 1 de marzo de 1493.
Dende o ano 1999 está declarada festa de Galicia de interese turísticoDOG: Resolución do 24 de xuño de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia ... polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico ... a Festa da Arribada da Carabela Pinta a Baiona...; en 2010 concedéuselle o título de festa de interese turístico nacional de EspañaBOE: Resolución de 23 de septiembre de 2010, de la Secretaría General de Turismo y Comercio Interior, por la que se concede el título de «Fiesta de Interés Turístico Nacional» a la «Fiesta de la Arribada de la Carabela La Pinta» de Baiona (Pontevedra) e en 2015 o de festa de interese turístico internacional de España;BOE: Resolución de 27 de octubre de 2015, de la Secretaría de Estado de Turismo, por la que se concede el título de «Fiesta de Interés Turístico Internacional» a la fiesta «La Arribada de la Carabela Pinta a Baiona», Baiona (Pontevedra) o número de visitante vai en aumento e rolda os 30.000.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Festa da Reconquista (Vigo) Ligazóns externas Festa da Arribada na páxina web do concello
Categoría:Baiona Arribada Arribada Arribada