Paula Estebas Armas, nada en Logroño o 21 de febreiro de 1993, é unha xogadora española de baloncesto profesional, que xoga no club Araski AES da liga Feminina española, na tempada 2018-2019.
Traxectoria Mide 1.75 metros, e xoga na posición de Base-Escolta. Dende moza estivo vinculada ó equipo Campus Promete, de Logroño, do que nos últimos anos foi a capitá.
Marchou do Campus Promete tralo descenso do equipo ó acabar a tempada 2017-2018, e descender a L.F.2.
É licenciada en matemáticas, e tamén ten a carreira de violín.
Notas
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Logroño Categoría:Xogadores de baloncesto de España