Concepción Andreu Rodríguez, nada en Calahorra, A Rioxa, o 10 de marzo de 1967, é unha enóloga e política española. Dende 2015 é voceira do Grupo Socialista no Parlamento da Rioxa e deputada rexional dende 2011. Dende 2017 forma parte da Executiva Federal do PSOE como Secretaria do Mundo Rural.
Traxectoria Nada en Calahorra en 1967, en 1990 licenciouse en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Salamanca (especialidade de Botánica). Entre 1990 e 1992 cursou un mestrado en Viticultura e Enoloxía pola Universidade de Zaragoza. É enóloga nas Adegas Melquior.
Membro do PSOE, é secretaria de Agricultura e Medio Ambiente da Comisión Executiva Rexional do PSOE da Rioxa.
Deputada do Parlamento da Rioxa dende 2011, foi candidata do PSOE á presidencia da Rioxa nas eleccións autonómicas do 24 de maio de 2015, obtendo 10 deputados fronte a 15 do PP, asumindo o cargo de voceira do Grupo Socialista no Parlamento da Rioxa, liderando a oposición.
En 2017, foi elixida Secretaria do Mundo Rural na Executiva Federal do PSOE liderada por Pedro Sánchez.
En setembro de 2018 foi nomeada candidata socialista á presidencia da Rioxa tras ser a única candidatura que presentou os avais para as primarias.
Notas
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Calahorra Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca