Mariam Budia González, nada en Logroño o 14 de marzo de 1970, é unha dramaturga e escritora española.

Traxectoria Mariam Budia é doutora en Filoloxía Hispánica, especializada en Teoría, Historia e Práctica do Teatro pola Universidade de Alcalá, ademais de ser licenciada en Arte Dramática pola Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid (RESAD), e Diplomada de Honra en Música polo Conservatorio Profesional de Música de Logroño.

Traballou como docente na Universidade de Corea onde impartiu clases de literatura dramática e recibiu un premio de excelencia docente por elas. Tamén traballou na Universidade de Estudos Estranxeiros de Kobe, no Xapón.

Na súa faceta de escritora, salienta pola procura de novas linguaxes para uns personaxes que poidan verse libres do seu ambiente natural e do pensamento colectivo. A actriz estadounidense Casey Wilson realizou unha breve imitación dela en The Dakota Fanning Show, en Saturday Night Live, USA, o 1 de marzo de 2008.

Tamén realiza colaboracións en revistas e xornais de eido nacional, así como en emisoras de radio, e participa como relatora en conferencias internacionais sobre literatura española. Algún dos seus traballos como autora foron traducidos ó inglés e ó coreano.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Logroño Categoría:Escritores da Rioxa