Atelopus varius é unha especie de sapo neotropical da familia BufonidaeCrump, M.L. 1986. Homing and site fidelity in a Neotropical frog, Atelopus varius (Bufonidae). Copeia 1986(4): 1007-1009.. Antes vivía desde Costa Rica a Panamá, pero agora está na lista de especies en perigo crítico e quedou reducida a unha soa poboación preto de Quepos, Costa Rica (redescuberta en 2003) e unhas poboacións relictas no oeste de PanamáIUCN 2006. 2004 IUCN Red List of Threatened Species.<http://www.iucnredlist.org/>. Consultado o 6 de maio de 2007.. As variacións recentes na temperatura do aire, precipitacións, padróns do fluxo das correntes fluviais e o espallamento do fungo quitridio patóxeno Batrachochytrium dendrobatidis ligado ao cambio climático global son as principais causas do declive desta especie Lips, K.R., Green, D.E. and Papendick, R. 2003. Chytridiomycosis in wild frogs from southern Costa Rica. Journal of Herpetology 37: 215-218.Pounds, J.A., Bustamante, M.R., Coloma, L.A., Consuegra, J.A., Fogden, M.P.L., Foster, P.N., La Marca, E., Masters, K.L., Merino-Viteri, A., Puschendorf, R., Ron, S.R., Sánchez-Azofeifa, G.A., Still, C.J. and Young, B.E. 2006. Widespread amphibian extinctions from epidemic disease driven by global warming. Nature 439: 161-167.. A. zeteki foi considerado unha subespecie de A. varius, pero agora considérase xeralmene unha especie separada.Savage, J.M. 2002. The Amphibians and Reptiles of Costa Rica. University of Chicago Press, Chicago.
Distribución xeográfica
A distribución histórica de A. varius estendíase desde as vertentes atlántica e pacífica das Cordilleiras de Tilaran en Costa Rica ata o oeste de Panamá. Hábitats axeitados para a especie eran as zonas premontanas e de baixa montaña e algúns lugares en terras baixas con ríos rochosos e áreas con outeiros (desde os 6 aos 2000 m de altura).Savage, J.M. 1972. The harlequin frogs, genus Atelopus, of Costa Rica, and western Panama. Herpetologica 28: 77-94.
Hábitat e ecoloxía
A. varius é un anfibio diúrno que se encontra a miúdo en rochas e gretas ao longo de correntes de auga en terrras baixas húmidas e bosques de montañaCrump, M.L., and J.A. Pounds 1985. "Lethal Parasitism of an Aposematic Anuran (Atelopus varius) by Notochaeta bufonivora (Diptera: Sarcophagidae)." Journal of Parasitology 71(5), 588-591.. É unha especie principalmente terrestre, que só entra na auga durante a estación reprodutora, e depende das salpicaduras das correntes para permanecer húmida.Pounds, J.A. and Crump, M.L. 1994. Amphibian declines and climate disturbance: The case of the golden toad and the harlequin frog. Conservation Biology 8: 72-85.
Esta especie móvese lentamente e a míúdo permanece na mesma área durante longos períodos de tempo. A coloración conspicua ou aposemática de A. varius probablemente lle serve para advertir aos potenciais predadores da súa toxicidade, porque a súa pel contén tetrodotoxina, unha potente neurotoxina. A súa principal fonte de alimento son pequenos artrópodos que son máis abondosos durante a estación seca.Crump, M.L. 1988. "Aggression in harlequin frogs: male-male competition and a possible conflict of interest between the sexes." Animal Behaviour 36(4): 1064-1077. O único predador coñecido de A. varius é a mosca sarcofáxida parasita Notochaeta bufonivora, que deposita as súas larvas na superficie das coxas deste anfibio. Posteriormente as larvas da mosca penetran dentro da ra e cómena desde dentro.Pounds, J.A., and Crump, M.L. 1987. "Harlequin Frogs Along a Tropical Montane Stream: Aggregation and the Risk of Predation by Frog-Eating Flies." Biotropica 19(4): 306-309.
Status de conservación
Nas últimas décadas A. varius foise facendo cada vez máis escaso na súa área de distribución xeográfica. O primeiro indicio da súa desaparición obtívose despois de facer un censo entre 1990 e 1992 preto de Monteverde, Costa Rica, que revelou que non había alí xa ningún individuo, cando antes a súa poboación chegara a ser de 751 adultos. Pounds, J.A. and Crump, M.L. 1994. Amphibian declines and climate disturbance: The case of the golden toad and the harlequin frog. Conservation Biology 8: 72-85.. By 1996, Chegouse a pensar que estaba extinta en Costa Rica, pero posteriores avaliacións levadas a cabo no marco do proxecto rainmaker en 2003 e 2005 redescubriron unha poboación nas montañas da costa do Pacífico preto de Quepos. En Panamá, a mortalidade en masa reduciu drasticamente as poboacións de A. varius nos últimos anos e agora crese que está localmente extinta.Lips, K.R. 1999. Mass mortality and population declines of anurans at an upland site in western Panama. Conservation Biology 13: 117-125..
Propuxéronse varias teorías relacionadas con padróns de cambio climático para explicar o rápido declive de A. varius. Culpouse a unha tendencia cara ao aumento de temperaturas nos trópicos a finais da década de 1980 e inicios da de 1990 do declive de moitas especies de lagartos e anfibios, incluíndo varios Atelopus spp.Pounds, J.A., Fogden, M.P.L., and J.H. Campbell 1999. "Biological response to climate change on a tropical mountain." Nature 398(6728): 611-615. Máis recentemente observouse un declive na riqueza de especies de anfibios global, que foi ligada a un gromo do fungo quitridio patóxeno Batrachochytrium dendrobatidis. Este patóxeno pode ser trnasmitido entre individuos a través de células da pel desprendidas e infecta as superficies queratinizadas do corpo, onde altera a respiración cutánea e a osmorregulación, o que ten como resultado a mortalidade. Entre os intentos actuais de conservar a especie A. varius está un programa de cría en catividade recentemente iniciado e continuar os esforzos para protexer os seus hábitats boscosos vitais.
Notas
Ligazóns externas
EOL Atelopus varius IUCN Red List of All Threatened Species The Rainmaker Project Atelopus.com - Fighting to survive
Categoría:Anuros Categoría:Animais descritos en 1856 Categoría:Anfibios de Costa Rica