Ceraunius Tholus é un volcán situado en Marte, dentro do cuadrángulo de Tharsis a 24° de latitude norte e 262,75° de lonxitude este, e fai parte do grupo de volcáns Uranius. Ten 130 km de ancho, 5,5 km de altitude e recibiu o nome dun antigo accidente xeolóxico.

Polo xeral pénsase que ten un escudo basáltico coa parte inferior soterrada baixo a chaira formada por lavas. As interpretacións anteriores suxerían que era un estratovolcán.Characteristics of valleys on Ceraunius Tholus and their formation: Part I. Caleb I. Fassett and James W. Head, Dept. of Geological Sciences, Brown University, Providence, RI 02912. Microsymposium 38, MS016, 2003 As ladeiras de Ceraunius Tholus son bastante empinadas cunha pendente media de 8°, con moitas canles de erosión radial e vales esfuracados que se estenden dende abaixo do bordo da caldeira cara á base do volcán. A hipótese actual é que os vales foron erosionados pola auga. As características máis interesantes de Ceraunius Tholus son tres grandes canóns no flanco noroeste de Ceraunius Tholus, que son de ata 2,5 km de ancho e 300 m de profundidade. O máis grande destes tres tamén parece se-lo o máis novo e sobresae dende o punto máis baixo da caldeira volcánica e remata no interesante cráter Rahe (un cráter de impacto oblicuo con medidas de 35 × 18 km.), xusto ó norte do volcán onde formou un deposito en forma de abano. A súa orixe é aínda discutible e hai catro principais modelos propostos: a acción fluída, os fluxos volcánicos, o val é unha canle de lava ou algunha combinación de modelos anteriormente mencionados.

Ceraunius semella pequeno en comparación con outros volcáns máis grandes, pero é case tan alto coma o Monte Everest da Terra.Morton, O. 2002. Mapping Mars. Picador, NY

A caldeira de Ceranius Tholus tamén está salpicada de moitos pozos de colapso, que son distintos dos cráteres de impacto xa que non teñen anel e varían en abundancia ó longo da caldeira. Ceraunius Tholus probablemente formouse durante o período Hesperiano tardío.

Glaciares Algúns científicos cren que os glaciares poden existir en moitos dos volcáns de Tharsis incluíndo a Olympus Mons, Ascraeus Mons e Pavonis Mons. Os glaciares de Ceraunius Tholus poderíanse ter derretido no pasado para formar algúns lagos temporais. A suavidade e o liso do chan da caldeira de Ceraunius Tholus suxire que no pasado a auga de desxeo acumulábase nun lago situado na mesma caldeira do volcán.

Medio ambiente ó redor de Ceraunius Tholus

Ceraunius Tholus está na elevación de Tharsis, tamén chamada protuberancia de Tharsis. Tharsis é unha terra de grandes volcáns. Olympus Mons é o volcán máis alto coñecido. Ascraeus Mons e Pavonis Mons teñen polo menos 320 km de ancho e teñen máis de 10 km de altitude por riba da meseta na que se asentan. A meseta está entre 4,8 a 6,44 km quilómetros por riba da altitude cero de Marte. Norton, O. 2002. Mapping Mars. Picador, New York. thumb|Mapa do cuadrángulo de Tharsis coas características principais indicadas. Tharsis contén moitos volcáns, incluíndo a Olympus Mons, o volcán máis alto do Sistema Solar.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Albor Tholus with Google Mars

Categoría:Marte Categoría:Volcáns extraterrestres