miniatura|Décimas ao Apóstolo Santiago (S). Martín Torrado Mariño y Figueira nado en Santa María de Leiro, Rianxo, e bautizado o 2 de decembro de 1621, foi un sacerdote galego, coñecido por ser o autor da composición poética "Décimas ao Apóstolo Santiago", en lingua galega.

Traxectoria O seu pai, Juan da Figueira Torrado, nacera en Isorna e descendía dos Torrados do pazo de Asados; o seu bisavó fora Fernán Mariño, señor da casa e do pazo de Vimieiro en Boiro. A súa nai, unha Somoza, naceu en Leiro.

Foi Colexial de Fonseca, onde desfrutou dunha bolsa de teólogo. En 1627 opositou e gañou cátedra. Desde entón desempeñou a “Regencia de Medianos”. En 1645 obtén a bolsa en teoloxía e, en 1651, foi elixido reitor do Colexio de Fonseca (despois de exercer de abade en Urdilde entre 1622 e 1630 e San Miguel de Boullón), un ano antes da súa morte.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

, F. (1968). "Las décimas al Apóstol Santiago de Martín Torrado" p. 17-21. Boletín de la Real Academia Gallega LXI .

Outros artigos Séculos Escuros Literatura galega dos Séculos Escuros "Décimas ao Apóstolo Santiago" Ligazóns externas Décimas ao Apóstolo Santiago (M) e Décimas ao Apóstolo Santiago (S) (1627) Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, ILG, USC.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en 1621 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Séculos Escuros