O noruegués é unha lingua escandinava e oficial na Noruega. É falada por 5 millóns de persoas en Noruega.

Existen, por lei, dúas formas oficiais de noruegués escrito, o bokmål ("lingua dos libros") e o nynorsk ("noruegués novo").

Non hai un estándar oficial para o noruegués falado, aínda que o sociolecto das clases media e alta de Noruega Oriental, no cal está baseado fundamentalmente o noruegués bokmål, é a forma que se ensina aos estudantes estranxeiros.

Desde o século XVI ata o século XIX, os danés foi a lingua estándar de escritura en Noruega; como resultado, o desenvolvemento do noruegués escrito moderno foi obxecto dunha forte controversia relacionada co nacionalismo, co discurso rural fronte urbano. Historicamente, o bokmål é a forma norueguesizada do danés, mentres que o nynorsk é a forma baseada nos dialectos noruegueses e representa a oposición purista ao danés. Houbo unha política oficial, xa abandonada, de fusionar ambos nun estándar común chamado samnorsk, dándose unha serie de reformas e de variedades de ambos o bokmål e o nynorsk. A forma non oficial riksmål está considerada como máis conservadora do que o bokmål, e a tamén non oficial høgnorsk máis conservadora que o nynorsk.

Os noruegueses edúcanse en ambos o bokmål e o nynorsk. No 2005 un 86.3% afirmaba usar principalmente bokmål como a forma de escritura, un 5.5% bokmål e nynorsk, e un 7.5% basicamente nynorsk. Dun xeito aproximado, pódese dicir que o bokmål e riksmål danse máis nas áreas urbanas e suburbanas, fronte ao nynorsk nas rurais, particularmente na parte occidental de Noruega.

A corporación norueguesa de radiodifusión (NRK) emite tanto en bokmål como en nynorsk, e todas as axencias do goberno deben permitir ambos. O bokmål úsase nun 92% de todas as publicacións.

Como exemplo, móstranse algunhas frases onde se aprecian as diferenzas entre bokmål, nynorsk, riksmål e høgnorsk: GalegoBokmålRiksmål NynorskHøgnorskVeño de NoruegaJeg kommer fra Norge (exactamente igual que en danés)Jeg kommer fra Norge (exactamente igual que en danés)Eg kjem frå NoregComo se chama?Hva heter han?Hva heter han?Kva heiter han?Kva heiter han?Ese é un cabaloDette er en hestDette er en hestDette er ein hestDette er ein hestO arco da vella ten moitas coresRegnbuen har mange fargerRegnbuen har mange farverRegnbogen har mange fargarRegnbogen hev mange fargar

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en noruegués

Categoría:Lingua norueguesa Categoría:Linguas de Noruega