O termo man pódese referir:

Anatomía Man, un membro do corpo humano formado por dedos. Existe a variedade dialectal galega mao.

Informática A MAN, en informática, unha rede de área metropolitana, acrónimo de Metropolitan Area Network. As páxinas de man son unha interface para ler documentación sobre programas dispoñíbeis nos sistemas tipo UNIX.

Toponimia A illa de Man, no Reino Unido (mar de Irlanda). O lago Man, zona de brañas e zonas húmidas do Xapón; A vila de Man, na Costa do Marfil. A vila de Man, en Virxinia Occidental, Estados Unidos.

Persoeiros Manfred Gnädinger, un personaxe que viviu na praia de Camelle. Ip Man, mestre chinés de artes marciais. Man é o pseudónimo do debuxante Manuel Carot.

Artes Man é unha banda musical británica dos anos 1970. MAN!!, é unha banda pertencente á ficción na banda xuvenil Casi Angeles.

Outros MAN, Museo Arqueológico Nacional de España. MAN SE, é unha empresa alemá do sector de transporte. Produce principalmente autobuses e camións. Man, nome anglosaxón dunha runa. Man, un signo tipográfico en forma de man (☞). Man, en inglés, significa home.