Os pobos indíxenas de Taiwán, ou antigamente aborixes taiwaneses, taiwaneses austronesios ou gaoshan, son os pobos indíxenas de Taiwán, cuxo número é de 530 000 ou o 2,3% da poboación da illa. A súa cifra pode chegar a máis de 800 000 persoas, considerando o potencial recoñecemento oficial nun futuro dos pobos indíxenas das chairas. Investigacións recentes suxiren que os seus devanceiros puideron vivir en Taiwán durante aproximadamente 5 500 anos en relativo illamento antes da primeira migración de chineses han a comezos do século XVII. Os indíxenas taiwaneses son pobos austronesios, con vencellos lingüísticos e xenéticos con outros pobos austronesios. Outros grupos étnicos relacionados son os polinesios, a maioría dos pobos de Filipinas, Indonesia, Malaisia e Brunei, entre outros.
Lista de pobos Recoñecidos pola República da China: miniatura|Mapa mostrando a distribución tradicional dos nativos taiwaneses. Amis (Ami, Pangcah) (阿美) Atayal (Tayal, Tayan) (泰雅) Atayal Bunun (布農) Kavalan (噶瑪蘭) Paiwan (排灣) Puyuma (卑南) Rukai (魯凱) Saisiyat (Saisiat) (賽夏) Sakizaya (撒奇萊雅族) Tao (Yami) (雅美/達悟) Thao (邵) Tsou (Cou) (鄒) Norte Tsou Sur Tsou Truku (Taroko) (太魯閣) Sediq (賽德克)
Non recoñecidos: Babuza (貓霧捒) Basay (巴賽) Hoanya (洪雅 ou 洪安雅) Ketagalan (凱達格蘭) Luilang (雷朗) Pazeh/Kaxabu (Pazih) (巴宰 ou 巴則海) Popora (巴布拉) Qauqaut (猴猴) Siraya (西拉雅) Taokas (道卡斯) Trobiawan (多囉美 ou 多囉美遠)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Consultado o 31 de marzo de 2007.
& .