O chacal de lombo negro (Canis mesomelas) é un membro da familia canidae nativo de dúas áreas de África separadas por 900 km. Unha das rexións abrangue a parte sur do continente, incluíndo Suráfrica, Namibia, Botswana e Zimbabwe. A outra área esténdese pola costa leste do continente, en Kenya, Somalia, Djibuti e Etiopía. A súa situación está clasificada pola IUCN como pouco preocupante, debido a súa ampla distribución e adaptabilidade, malia que é perseguido por ser un depredador e por portar o vector da rabia. Database entry includes justification for why this species is of least concern

Comparado con outros membros do xénero Canis, o chacal de lombo negro é unha especie antiga, que evolucionou pouco dende o Plistoceno,Kingdon, J. (1977), East African Mammals: An Atlas of Evolution in Africa, Volume 3, Part A: Carnivores, University of Chicago Press, p. 31 sendo o cánido máis basal xunto co chacal raiado. É un cánido con aspecto de raposoKingdon, J. & Hoffman, M. (2013), Mammals of Africa Volume V, Bloomsbury : Londres, pp. 39-45, ISBN 1-4081-8996-8 con pel avermellada e unha mancha negra que percorre dende os ombreiros até a base do rabo.Walton, L. R. & Joly, D. O. (2003), Canis mesomelas , Mammalian Species, No. 715, pp. 1-9 É un animal monógamo, cuxas crías poden ficar coa familia para axudar a criar novas xeracións.Estes, R. (1992). The behavior guide to African mammals: including hoofed mammals, carnivores, primates. University of California Press. pp. 404-408. ISBN 0-520-08085-8.

Notas

Categoría:Cánidos Categoría:Animais descritos en 1775