O Mora ting era o lugar onde se elixían os reis suecos durante a Idade Media. Está situada na parroquia de Lagga, na municipalidade de Knivsta, a dez quilómetros ó sueste de Uppsala. Historia

Logo que os svear elixisen un rei os seus súbditos aclamábano tras elevalo encima dunha pedra chá, coñecida como a pedra de Mor, que estaba arrodeada por moitas outras pedras con inscricións conmemorando eleccións de reis anteriores. Cristián I en 1457 foi o último dos reis de Suecia en ser elixido no lugar, e as pedras foron destruídas en 1515 durante a guerra civil contra os daneses. Seica Gustavo Vasa e Xoán III trataron de reconstruír as Pedras de Moura sen éxito.

Un dos fragmentos coñécese como a pedra das Tres Coroas xa que é o exemplo máis antigo do uso do símbolo nacional sueco. O fragmento é o que quedou da elección de Alberte III de Mecklemburgo.

En 1770 Carl Wijnbladh construíu un edificio para gardar os restos das pedras que se conservaban.

Categoría:Historia de Suecia