Evaristo Babé y Geli foi un empresario e político galego. Entre 1885 e 1886 foi alcalde da Coruña.

Traxectoria En 1887 fundou xunto con outros cinco socios, a Compañía de Destilación Babé y Cía. A empresa, asentada en Guixar (Teis), estaba adicada ó refino de petróleo que importaba dos Estados Unidos na goleta La Viguesa. Esta actividade continuou ata 1927, cando a compañía foi expropiada polo estado. A partir desa data foi a distribuidora de combustible nas provincias de Pontevedra e Ourense. Hoxe a compañía aínda existe e segue participando do negocio dos combustibles derivados do petróleo.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en 1844 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos