Manuel Seijas Caamaño, nado en Noia o 29 de setembro de 1991, é un político galego.
Traxectoria Graduouse en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, na que fixo tamén o mestrado de Xestión e Dirección Laboral. Realizou o mestrado de Profesorado na Universidade de Vigo.
Encabezou a candidatura da Marea Cidadá de Noia nas eleccións municipais de maio de 2015, 2019 e 2023. É voceiro do grupo municipal da Marea Cidadá de Noia.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Noia
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Noia Categoría:Concelleiros de Noia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia por candidaturas locais Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes