Alicia Suskin Ostriker, nada en Brooklyn (Nova York) o 11 de novembro de 1937, é unha profesora e poeta estadounidense. Autora de poesía feminista, foi recoñecida por Progressive como "a poeta máis ferozmente sincera dos Estados Unidos".

Traxectoria É filla de David Suskin e Beatrice Linnick Suskin. O seu pai traballou para o Departamento de Parques de Nova York. A súa nai líalle a William Shakespeare e Robert Browning, e Alicia comezou a escribir poemas desde nova, ademais de debuxar. Inicialmente quixo ser artista e estudou arte. Os seus libros Songs (1969) e A Dream of Springtime (1979) foron ilustrados con debuxos propios. Ostriker concluíu a súa formación secundaria no Ethical Culture Fieldston School en 1955.

Licenciouse na Universidade Brandeis en 1959 e doutorouse na Universidade de Wisconsin-Madison en 1964, cunha tese sobre a obra de William Blake. O texto converteuse no seu primeiro libro, Vision and Verse in William Blake (1965). Máis adiante editou unha versión anotada dos poemas completos de Blake para Penguin Press. Traballou como docente de inglés na Universidade Rutgers entre 1965 e 1972.

Alicia está casada co astrónomo Jeremiah Ostriker, quen foi profesor na Universidade de Princeton entre 1971 e 2001. Asentada en Nova York, ensina poesía no Drew University´s Low-Residency MFA Program.

Obra En 1969 publicou a súa primeira colección de poemas, Songs. O seu cuarto poemario, The Mother-Child Papers (1980), un clásico feminista, foi inspirado polo nacemento do seu fillo durante a guerra de Vietnam e semanas despois do tiroteo no masacre da Universidade de Kent.

Os libros de non ficción de Ostriker exploran moitos dos temas presentes nos seus versos. Writing Like A Woman (1983), explora os poemas de Sylvia Plath, Anne Sexton, H.D., May Swenson e Adrienne Rich, e The Nakedness of the Fathers: Biblical Visions and Revisions (1994) achégase á Torá.Ploughshares: Author Detail/Ostriker, Boston, 23 de abril de 2009 Escribiu a introdución de Empire of Dreams de Giannina Braschi.

Poesía Songs : a book of poems (1969) Once More Out of Darkness and Other Poems (1974) A Dream of Springtime: Poems 1970–1978 (1979) The Mother/Child Papers (1986) A Woman Under the Surface (1982) The Imaginary Lover (1986) Green Age (1989) The Crack in Everything (1996) The Little Space: Poems Selected and New, 1968–1998 (1998) The Volcano Sequence (2002) No Heaven (2005) The Book of Seventy (2009) At the Revelation Restaurant and Other Poems (2010) April (2011)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Poetas dos Estados Unidos de América