Pallejà é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Está situado na marxe dereita do río Llobregat, a 19 km ao noroeste da cidade de Barcelona.
O seu termo municipal limita ao norte con Castellbisbal, ao leste con El Papiol e Molins de Rei, ao sur con Sant Vicenç dels Horts e La Palma de Cervelló, e ao oeste con Corbera de Llobregat. O lugar estivo habitado dende a época romana e actualmente ten unha poboación de 11.416 habitantes (2017) agrupados en tres entidades de poboación: Fontpineda, la Magina e Pallejà.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do concello
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona