Santa Coloma de Cervelló é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Está situado na marxe dereita do río Llobregat, ao pé da montaña de Montpedrós, e esténdese ata os contrafortes orientais do macizo do Garraf.
O seu termo municipal limita cos concellos de Sant Boi de Llobregat, Torrelles de Llobregat, Sant Vicenç dels Horts, Sant Feliu de Llobregat e Sant Joan Despí. Ten unha poboación de 8.082 habitantes (2017) agrupados en dúas entidades de poboación: Santa Coloma de Cervelló e la Colònia Güell.
Na parte chaira do concello, xunto ao río Llobregat, predominan os cultivos de regadío, mentres que na zona de montaña altérnanse bosques e cultivos de secaño. Non obstante, a súa economía baséase nunha variada industria con sectores como a metalurxia, a química e tamén a construción.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do concello
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona