miniatura|Palabra utilissimæ escrita co eszett nun libro de 1541.
ß, denominado eszett ou scharfes S (pronunciados e ). é unha letra do alfabeto gótico incorporada ao alfabeto alemán, de base latina. É esteticamente semellante, mais non idéntica, á letra beta (Β, β) do alfabeto grego, mais non debe ser confundida con ela, por representaren sons diferentes.
Representa o fonema [s] en alemán estándar, especificamente cando segue a vogais longas e ditongos (edelweiß). Despois de vogais curtas escríbese ss (delicatessen). O vocábulo eszett representa a pronuncia alemá das dúas letras S e Z.
Historia miniatura|Distintos glifos do ß O ß orixinouse na ligadura de dous eses consecutivos, un de grafía alta (ſ) e outro normal (s), ou dun s longo e un z en forma gótica (ʒ). Como non aparece nunca no comezo de palabra, o ß só existía en versión minúscula; en textos escritos exclusivamente en maiúscula adoitaba substituírse por dous eses, o mesmo que en todos aqueles caso en que o carácter non estiver dispoñible nunha tipografía. En abril de 2008 introduciuse unha variante maiúscula no Unicode versión 5.1, con grafema ẞ.Cord Wischhöfer: Proposal to encode Latin Capital Letter Sharp S to the UCS. (n3327.pdf). Resolutions of WG 2 meeting 50 .Unicode 5.1.0 O 29 de xuño de 2017, o Rat für deutsche Rechtschreibung (Consello para a ortografía do alemán, RDR) introduciu oficialmente a versión maiúscula da letra no alfabeto alemán.
Antes da reforma da ortografía alemá de 1996, o ß tamén se empregaba a final de palabra, aínda que fose precedido por unha vogal curta.
Suíza e Liechtenstein No alemán de Suíza, ss adoita substituír todos os ß, que foi abolido gradualmente dende a década de 1930, cando a maioría dos cantóns decidiu non ensinalo na escola e o servizo postal deixou de empregalo nos nomes de lugar. O Neue Zürcher Zeitung foi o último xornal suízo en abandonar o ß, en 1974. As editoriais só usan ß en libros destinados o mercado en lingua alemá xeral.
Esta situación foi sancionada oficialmente polas regras de ortografías reformadas do alemán, que afirman en §25 E2: In der Schweiz kann man immer „ss“ schreiben ("En Suíza, pódese escribir sempre 'ss'"). Liechtenstein segue a mesma práctica.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Beta Ligazóns externas James Mosley: Eszett or ß - 31 de xaneiro de 2008 on typefoundry.blogspot.com Mark Jamra: The Eszett
Categoría:Tipografía Categoría:Grafémica Categoría:Alfabeto latino