O aeroporto de Milas-Bodrum (IATA: BJV, ICAO: LTFE) é un aeroporto internacional que serve ás cidades turcas de Bodrum e Milas. Está situado a 36 km ao nordés de Bodrum e a 16 km ao sur de Milas.

Terminais No ano 2000 rematouse de construír unha nova terminal internacional. No ano 2012 esta converteríase na terminal doméstica ao completarse unhas novas instalacións para os pasaxeiros internacionais. A vella terminal, agora reservada a voos domésticos, está ao lado da internacional. Polas instalacións pasan uns 2,5 millóns de pasaxeiros por ano, e están especialmente concorridas durante os meses de verán cando son frecuentes os voos chárter dende as principais cidades europeas. A nova terminal, deseñada para manexar 5 millóns de pasaxeiros anuais, inaugurouse en xuño de 2012 e a operación do aeroporto transferíuse a unha compañía privada que o dirixe no nome do goberno turco.

Aeroliñas e destinos

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Milas-Bodrum