O aeroporto internacional de Zante "Dionysios Solomos" (IATA: ZTH, ICAO: LGZA) é un aeroporto en Zante, Grecia. Atópase preto da cidade e praia de Kalamaki. A praia é parte do Parque nacional marino de Zante. As tartarugas mariñas comúns en perigo de extinción (Caretta caretta) poñen os seus ovos nas praias do parque mariño durante a noite dos meses de verán. Isto fai que haxa restricións no movemento de avións. Non está permitido que despeguen ou aterren avións no aeroporto entre as 10:00PM e as 5:00AM.

O aeroporto inaugurouse no ano 1972. En 2003 completouse unha ampliación da plataforma ata ocupar unha superficie de 35 100 m². En 2008 inaugurouse unha nova terminal de 22 150 m². Atópase a 4,3 km da cidade de Zante e está preto dos destinos turísticos de Laganas, Tsilivi e Kalamaki. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 1 115 712 pasaxeiros.

Aeroliñas e destinos

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Zante