Cettia é un xénero de aves paseriformes da suborde dos páseros, infraorde dos paséridos e superfamilia dos silvioideos, que é o tipo da familia dos cetíidos.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1834 polo naturalista, político e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte, no tomo primeiro da súa obra Iconografia della fauna italica per le quattro classi degli animali vertebrati, publicada en Roma por Salvineci & Filippo entre 1832 e 1841.

Etimoloxía O nome Certia foi unha homenaxe de Bonaparte ao xesuíta, naturalista, zoólogo, ornitólogo e matemático italiano Francesco Cetti (1726-1778).

Clasificación Segundo o ITIS, na actualidade recoñécense dentro do xénero as catro especies seguintes:Cettia Bonaparte, 1834 no ITIS.

Xénero Cettia Bonaparte, 1834 Cettia brunnifrons (Hodgson, 1845) Cettia castaneocoronata (Burton, 1836) Cettia cetti (Temminck, 1820) Cettia major (Moore, 1854)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9.

Outros artigos Paseriformes Páseros Paséridos Silvioideos Cértidos

Ligazóns externas Cettia Bonaparte, 1834 no ITIS. Cettia na ADW. Cettia na EOL. Cettia no NCBI.

Categoría:Paseriformes