200px|miniatura|Porsche 917 Kurzheck, un sport prototipo. 200px|miniatura|Renault R25, un monopraza. 200px|miniatura|Peugeot 307 WRC, un automóbil de turismo modificado para rally. 200px|miniatura|Un dragster deseñado especialmente para carreiras de arrancóns. 200px|miniatura|Un Mercedes-Benz Clase C totalmente modificado para carreiras de turismos.
Un coche de carreiras ou automóbil de carreiras está modificado para usarse en competicións de automobilismo. Segundo a disciplina e a categoría, un automóbil de carreiras pode estar baseado nun automóbil de turismo ou pode ser modificado especificamente para as carreiras.
Tipos de coches de carreiras
Nas carreiras en circuítos e rally é moi habitual utilizar turismos e deportivos, tanto porque as modificacións necesarias son escasas e económicas, como porque as marcas de automóbiles poden publicitar os seus modelos á venda mediante campañas exitosas neste tipo de carreiras. Cada categoría posúe un regulamento técnico para restrinxir as modificacións, que se chama homologación. A Federación Internacional do Automóbil determina homologacións que se utilizan en todos os continentes, pero moitas categorías utilizan homologacións propias.
Outro tipo de automóbiles de carreiras son os monoprazas e os sport prototipos, que posúen un único asento e teñen moi pouco que ver cos automóbiles de rúa. Os monoprazas son extremadamente estreitos para reducir a superficie de rozamento co aire, e case sempre utilizan aleróns para aumentar a carga aerodinámica vertical. Outra variedade de prototipos de carreiras son os siluetas, que posúen unha carrozaría similar á dun automóbil de rúa pero cuxa mecánica é completamente distinta.
Configuración de carreira
En case todas as categorías, os equipos teñen a posibilidade de modificaren características do automóbil, para mellorar as prestacións e adaptarse ao trazado e ás condicións meteorolóxicas:
Suspensión e dirección Os resortes e amortecedores da suspensión poden endurecerse ou abrandarse para mellorar o comportamento en curvas e fochancas. A adhesión ao chan e o percorrido máximo da suspensión poden axustarse para modificar o comportamento en saltos, fochancas e pendentes. Os ángulos de caída e comba das rodas poden modificarse para inducir sobreviraxe ou subviraxe. A multiplicación e dureza da dirección pode alterarse, por exemplo para mellorar a precisión en curvas abertas ou para negociar horquillas con máis facilidade.
Pneumáticos e freos Os pneumáticos poden ser de composto brando, medio ou duro, e con sucos de distinta profundidade e deseño (para a choiva) ou cravos (para a neve e o xeo). O sistema de freos pode balancearse ou no seu lugar colocar discos de diámetro máis grande ou hiperventilados, todo isto para ter maior circulación de aire dentro dos mesmos e contribuír ao arrefriamento do sistema de freos.
Motor As distintas pezas pódense substituír por outras máis liviás, para aumentar o réxime máximo e aliviar o automóbil. Os cilindros, filtros de aire, válvulas, entradas de aire e saídas de escape poden aumentarse de tamaño. A unidade de control de motor pode ser reprogramada ou substituída para modificar o punto de acendido, a cantidade de combustible inxectado, o nivel de presión do sobrealimentador e do limitador de réxime. Os sobrealimentadores e sistemas de inxección de óxido nitroso poden agregarse no caso de que non existan orixinalmente.
Outros elementos As marchas da caixa de cambios poden acurtarse ou alargarse para equilibrar aceleración e velocidade máxima. Os aleróns poden ter distinto tamaño e inclinación, para dar preferencia á adherencia en curva ou á velocidade máxima. O centro de masa do automóbil pode desprazarse cara a adiante ou atrás (e cara á esquerda e dereita nas carreiras en óvalos).
Categorías de automóbiles
Auto Categoría MonoprazaF1 • F2 • F3 • F4 • F3000 • F4000 • F5000 • Fórmula Atlantic • Fórmula Car Challenge • Fórmula First • Fórmula Ford • Fórmula Junior • Fórmula Libre • Fórmula Mondial • Fórmula Holden/Fórmula Brabham • Fórmula Nippon • IndyCar • Champ Car • FCJ • Fórmula Dream • Fórmula Pacific • IFM • EuroBOSS • FJ1600 • F500• Fórmula SAEGP2 • GP3 • Fórmula Abarth • Fórmula Asia • Fórmula Atlantic • Fórmula BMW • Fórmula C • Fórmula Car Challenge • FC Euro Series • Fórmula Continental • Fórmula E • FF1600 • FF2000 • Fórmula König • Fórmula LGB (Swift • Hyundai) • Fórmula Maruti • Fórmula Mazda • Fórmula Monza • Fórmula Opel/Vauxhall • Fórmula Nissan • FPA • Fórmula Renault • Fórmula Rolon • Fórmula RUS • Fórmula Super Vee • Fórmula Suzuki Kei Sport • Fórmula Suzuki Hayabusa • Fórmula Toyota • Fórmula Vee • A1GP • Superleague Fórmula • Indy Lights • Auto GP • Barber Pro • Star Mazda • GPM • SRF • China Fórmula Grand Prix • Fórmula V6 AsiaKartingKF3 • KF2 • KF1 • KZ2 • KZ1 • Superkart/Fórmula E Turismo Grupo 1 • Grupo 2 • Grupo 5 • Grupo A • Grupo C • Grupo E • Grupo F • Grupo G • Grupo H • Grupo N • Grupo S • Grupo SE • Grupo SP • Super 2000 • Diesel 2000 • Clase 1 • Clase 2 • Super Touring • Super Production • BTC-T • V8 Supercar • DTM • V8Star • NGTC • TC2000 Stock car Copa NASCAR • Nationwide • Truck • ARCA • Late model • Super Stock • Street Stock • BriSCA F1 • BriSCA F2 • Hot Rods • Brasil • Ministox • IMCA Sport Compact • Legends • Eurocar • AUSCAR • Supermodified • Turismo Carretera Rally Grupo 1 • Grupo 2 • Grupo 4 • Grupo A (WRC • Super 1600 • Super 2000) • Grupo B • Grupo N • Grupo S • Grupo R Sports cars DP • Grupo 4 • Grupo 5 • Grupo 6 • Grupo 7 • Grupo C • Grupo CN • IMSA GTP • Camel Light • LMP • LMPC • S2000 • Clubmans • GC • GC-21 • Group A Sports Cars Gran Turismo Grupo 3 • Grupo 4 • Grupo 5 • Grupo B • GT1 • GT2 • GT3 • GT4 • GT500 • GT300 • Trans-Am • IMSA GTO/GTS • IMSA GTU • Appendix K • Group D GT Cars • Grupo D Production Sports Cars Arrancóns Top Fuel • Funny Car • Pro Stock • Top Alcohol • Pro Modified • Pro RWD • Pro FWD • All Motor • Super Comp/Quick Rod • Street Stock • Top Doorslammer Off roadTrophy Truck • Truggy • Dune buggy • Baja Bug • Fórmula Offroad
Edicións limitadas miniatura|200px|Toyota Celica Carlos Sainz miniatura|200px|Detalle no Citroën C4 by Loeb
En ocasións os fabricantes adoitan sacar ao mercado unha versión de serie do coche de carreiras nunha edición limitada e baseada no seu homólogo de competición, xeralmente en tributo a un piloto ou a unha carreira. Entre outros exemplos podemos atopar:
Porsche 911 Carrera: non foi unha exactamente unha edición limitada, pero a marca alemá sacouno polos éxitos do coche na Carrera Panamericana entre 1950 e 1954. Ford Escort México: baseado no Ford Escort MKI e en honor á vitoria de Hannu Mikkola no London to México World Rallye Cup de 1970. Toyota Celica Carlos Sainz: o construtor xaponés sacou esta edición en homenaxe aos títulos mundiais logrados por Carlos Sainz para Toyota. Subaru Impreza Series McRae: tras gañar o mundial de rally, Subaru sacou 200 unidades inspiradas no Impreza co que Colin McRae logrou o título. Subaru Impreza RB5: do mesmo xeito que o anterior fabricáronse 444 unidades en honor ao regreso de Richard Burns ao equipo xaponés. En cor gris, a primeira unidade foi para o propio Burns. Peugeot 206 GT: a marca francesa viuse obrigada a fabricar este modelo para homologar o seu 206 como World Rally Car. Mitsubishi Lancer Tommi Makinen Edition: tras gañar catro títulos mundiais Mitsubishi lanzou en 2000 unha edición limitada, o Lancer Evo VI que rendía uns 276 cv. Renault Clio Ragnotti: en 2002 Renault lanzou esta edición en honor ao piloto francés Jean Ragnotti e baseado no Clio Sport do que se construíron 300 unidades para o mercado francés. Citroën C4 by Loeb: Citroën lanzou unha edición limitada que só incorporaba engadidos estéticos. Skoda Fabia Monte Carlo: o fabricante lanzou esta versión do Fabia en honor aos 100 anos do Rally de Montecarlo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Automobilismo Homologacións de automóbiles de carreiras
Categoría:Automóbiles de carreiras