Occator é un cráter de impacto situado en Ceres que contén a chamada "Mancha 5", a mancha máis brillante de tódolos puntos brillantes observados pola sonda espacial Dawn. Era coñecida como "Rexión A" nas imaxes terrestres tomadas polo Observatorio W. M. Keck en Mauna Kea.

O cráter recibiu o seu nome en referencia a Occator, deus da grade e axudante de Ceres. O nome foi aprobado oficialmente pola UAI o 3 de xullo do 2015.

O 9 de decembro de 2015, varios científicos informaron que as manchas brillantes sobre Ceres, incluíndo as do cráter Occator, podían estar relacionadas cun tipo de sal, en particular cunha forma de salmoira que contería hexahidrato de sulfato de magnesio (MgSO4.6H2O); tamén se achou que as manchas están asociadas a arxilas ricas en amoníaco. Máis recentemente, o 29 de xuño de 2016, varios científicos informaron que o punto brillante estaría composto principalmente de carbonato de sodio (), o que implica que a actividade hidrotermal sería a probable causa da creación dos puntos brillantes.

A mancha no centro do cráter chámase Cerealia Facula, e o grupo de manchas ao leste chámanse Vinalia Faculae.

Panorámicas

miniatura|center|500px|"Mancha 5" e Occator - en primeiro plano (cores realzadas; LAMO; febreiro do 2016) miniatura|center|500px|Centro de Occator - plano aberto (cores realzadas; LAMO; febreiro do 2016) miniatura|center|500px|A mancha brillante é moi probable que estea composta por carbonato de sodio (NASA; Xuño do 2016).

Animacións

Notas

Categoría:Cráteres Categoría:Accidentes xeolóxicos de Ceres