Kerwan é a característica xeolóxica e o cráter máis grande de Ceres. Foi descuberto en 19 de febreiro de 2015, grazas ás imaxes tomadas pola sonda espacial Dawn, cando esta se aproximaba Ceres. O cráter chama a atención por ser bastante plano para o seu tamaño, e por carecer dun pico central. O pico central puído ser destruído por un cráter duns quince quilómetros de ancho que hai no centro do Kerwan. É probable que o cráter sexa vello, en relación ó resto da superficie de Ceres, xa que o cráter está recuberto por outro accidentes xeolóxicos.

Recibe o seu nome en referencia ó espírito Hopi do crecemento do millo. O nome foi aprobado pola UAI o 3 de xullo do 2015.

Notas

Categoría:Accidentes xeolóxicos de Ceres Categoría:Cráteres