Manuel Carracedo Balsa, nado en Camariñas cara a 1913 e finado na Guarda o 23 de setembro de 1936, foi un sindicalista galego.
Traxectoria Veciño da Ponte do Porto. Directivo do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas, afecto á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu por mar a Portugal con Ramón Carballo Tajes e Andrés Balsas Vello. Alí foron detidos pola policía e entregados pola PIDE aos franquistas en Tui. Foi paseado o 23 de setembro de 1936 e o seu cadáver apareceu xunto co de Andrés Balsas nas inmediacións do cemiterio da Guarda.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Camariñas pagó el dolor de once hombres Varios vecinos de Camariñas fueron asesinados por defender la democracia
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos