O pitcairnés é unha lingua crioula baseada no inglés do século XVIII e o tahitiano. Xurdiu en 1790 por un grupo de amotinados británicos liderados por Fletcher Christian que se asentaron nas Illas Pitcairn despois de abandonar a súa viaxe a Tahití e queimar o seu barco, o Bounty. É a principal linguas das Illas Pitcairn, malia que a forma dialectal norfolk ten máis falantes na Illa Norfolk. Isto débese á migración de xente dende Pitcairn a Norfolk en 1859, despois do cal só uns poucos regresaron. A lingua ten unha relación diglósica co inglés británico.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Beshero-Bondar, E. (2009). Romancing the Pacific Isles before Byron: Music, Sex, and Death in Mitford's "Christina" ELH, 76(2), 277-308. Buse, J. (1965). Bulletin of the School of Oriental and African Studies, University of London, 28(3), 667-668. Connell, J. (1988). The End Ever Nigh: Contemporary Population Change on Pitcairn Island. GeoJournal, 16(2), 193-200. Ehrhart, S., Mair, C., Mühlhäusler, P. (2004). Language Planning in the Pacific: Endangered English-based Creoloids on Norfolk and Palmerston Islands Linguistic Agency.
Categoría:Linguas crioulas e pidgins de base inglesa Categoría:Linguas do Reino Unido