Charles Hermite, nado en Dieuze o 24 de decembro de 1822 e finado en París o 14 de xaneiro de 1901 foi un matemático francés que investigou no campo da teoría de números, sobre as formas cuadráticas, polinomios ortogonais e funcións elípticas, e na álxebra. Varias entidades matemáticas chámanse hermitianas na súa honra. Tamén é coñecido pola interpolación polinómica de Hermite.

Foi o primeiro que demostrou que e é un número transcendente e non a raíz dunha ecuación alxébrica ou polinómica con coeficientes racionais. Ferdinand von Lindemann seguiu o seu método para probar a transcendencia de π (1882).

Traxectoria Foi titular da cátedra de Álxebra superior na Facultade de Ciencias de París, sucedendo a Jean-Marie Duhamel de 1871 a 1898, e profesor de Análise na École polytechnique de 1869 a 1878.

Entrou a formar parte da Academia de Ciencias Francesa en 1856 en substitución de Jacques Binet, e pasou a presidila en 1890. Foi nomeado grande oficial da Lexión de Honra e recibiu a gran cruz da Estrela polar de Suecia.

Casou coa irmá do matemático Joseph Bertrand, e foi sogro do matemático Émile Picard e do enxeñeiro Georges Forestier.

A maior parte das súas obras foron recompiladas e publicadas despois da súa morte por Émile Picard. A súa correspondencia con Stieltjes publicouse en 1903.

Algunhas publicacións "Sur quelques applications des fonctions elliptiques.", París, 1854 Imaxes de páxinas, de Cornell "Cours professé à la Faculté des Sciences", ed. Andoyer, 4ª ed. París, 1891 Imaxes de páxinas, de Cornell "Correspondance", ed. Baillaud & Bourget, París, 1905, 2 vols. PDF Copia de UMDL "Oeuvres de Charles Hermite" ed. Picard para a Academia de Ciencias, 2 vols., París, 1905 & 1908. PDF copia de UMDL

Honras Eponimia As entidades matemáticas hermitianas, como os polinomios de Hermite, os espazos hermitianos, as matrices hermitianas e o teorema de Hermite-Lindemann Centro Charles Hermite en Nancy, centro de Cálculo da rexión Lorena, creado en 1994 O cráter lunar Hermite O asteroide (24998) Hermite Unha porta, con representación en baixorrelevo na Sorbona

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Œuvres de Charles Hermite (t1) editado por Émile Picard (ficheiro DjVu en Internet Archive) Œuvres de Charles Hermite (t2) editado por Émile Picard (ficheiro DjVu en Internet Archive) Œuvres de Charles Hermite (t3) editado por Émile Picard (ficheiro DjVu en Internet Archive) Œuvres de Charles Hermite (t4) editado por Émile Picard ficheiro (DjVu en Internet Archive) Charles Hermite no Proxecto Gutenberg Charles Hermite en Mathematics Genealogy Project

Categoría:Matemáticos de Francia Categoría:Nados no departamento de Mosela Categoría:Nados en 1822 Categoría:Finados en 1901 Categoría:Alumnos da Universidade de Nancy