Pelagophyceae é unha clase de algas unicelulares heterocontas mariñas.Robert Edward Lee. 2008. Phycology. Fourth edition. Cambridge University Press. isbn: 9780521682770. Estiveron clasificadas dentro de Chrysophyceae.. En rexións como a costa do golfo de México teñen impacto na pesca xa que forman mareas "marróns" e sustentan a cadea trófica.
Son ovoides e dun tamaño entre os 3-5 μm. Teñen unha teca orgánica, habitualmente estreita, que rodea a case toda a célula. Cando teñen flaxelos o aparato basal queda reducido a un menor tamaño. O pé dos flaxelos ten unha pequena hélice de transición, que está por riba da placa. A pelame dos flaxelos é bipartita ou tripartita, e sempre orientada no mesmo xeito. Carecen de placas "oculares", ou puntos de recepción lumínica .
Teñen cloroplastos con lamelas estreitas con tres tilacoides. Os plástidos conteñen clorofila a e c. A pigmentación que posúen son a fucoxantina, diatoxantina, diadinoxantina e nalgúns casos a 19'-butanoxilofucoxantina. Non teñen, porén, violaxantina. Posúen mitocondrias densas con cristas tubularesEnciclopedia of Life. Pelagophytes.
Adoitan ser bacterióvoros. Polo común, atópanse na fase vexetativa como células cocoidais flaxeladas con capacidade natatoria ou como masas celulares agregadas por algún composto excretado.
Clasificación Clase Pelagophyceae Andersen & Saunders, 1993 Orde Pelagomonadales Andersen & Saunders, 1993 Familia Pelagomonadaceae Xénero Aureococcus Hargraves & Sieburth, 1988 Xénero Chrysophaeum I.F.Lewis & H.F.Bryan, 1941 Xénero Pelagococcus R.E.Norris, 1977 Xénero Pelagomonas R.A.Andersen & G.W.Saunders, 1993 Orde Sarcinochrysidales Gayral e Billard, 1977 Familia Sarcinochrysidaceae Gayral & Billard, 1977 Xénero Andersenia R.Wetherbee & R.F.Waller, 2015 Xénero Ankylochrysis Billard, 1995 Xénero Aureoscheda M.J.Wynne & R.A.Andersen, 2014 Xénero Aureoumbra D.A.Stockwell, DeYoe, Hargraves & P.W.Johnson, 1997 Xénero Chrysocystis Lobban, D.Honda & Chihara, 1995 Xénero Chrysonephos W.R.Taylor, 1952 Xénero Chrysoreinhardia Billard, 2000 Xénero Nematochrysopsis Chadefaud, 1947 Xénero Sarcinochrysis Geitler, 1930
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ligazóns externas Pelagophyceae en Algaebase Pelagophyceae en WoRMS
Categoría:Eucariotas Categoría:Protistas Categoría:Algas