Joan Mary Cusack, nada en Nova York o 11 de outubro de 1962, é unha actriz estadounidense. Foi candidata aos premios Oscar e aos Globos de Ouro e é coñecida polas súas interpretacións en filmes como Working Girl (1988), Addams Family Values (1993), Nine Months (1995), In & Out (1997), Runaway Bride (1999) e High Fidelity e por poñer voz á cowgirl Jessie nas cintas animadas Toy Story 2 (1999) e Toy Story 3 (2010). É irmá do tamén actor John Cusack.

Traxectoria Joan Cusack naceu en Nova York e creceu en Evanston, Illinois. O seu pai, Dick Cusack, e os seus irmáns, Ann, Bill, John e Susie tamén son actores. A súa nai, Nancy de Cusack, é unha profesora de matemáticas xubilada e activista política. Casou con Richard Burke en 1993, con quen tivo dous fillos.

Cusack traballou durante varias temporadas en Saturday Night Live (1985-1986). En 1988 participou na comedia Working Girl (1988), onde compartiu cartel con Harrison Ford, Sigourney Weaver e Melanie Griffith, e pola que recibiu a súa primeira candidatura ao Oscar á mellor actriz secundaria. Entre os seus seguintes proxectos destacan Addams Family Values (1993) e as comedias Nine Months (1995), protagonizada por Hugh Grant e Julianne Moore, e Two Much (1995), dirixida por Fernando Trueba, con Antonio Banderas e Melanie Griffith.

Posteriormente obtivo unha segunda candidatura ao Oscar á mellor actriz secundaria, e outra aos premios Globo de Oro, na mesma categoría, pola comedia In & Out (1997), protagonizada por Kevin Kline e Matt Dillon. Despois presto a súa voz na cinta animada Toy Story 2 (1999) e actuou na comedia romántica Runaway Bride (1999), protagonizada por Julia Roberts e Richard Gere. Participou xunto co seu irmán John na comedia High Fidelity (2000), baseada na novela de Nick Hornby, e protagonizou xunto a Jeff Bridges e Tim Robbins o suspense Arlington Road (1999).

Filmografía Year Title Role Notes 1980Cutting Loose 1980My BodyguardShelley 1983ClassJulia 1984Sixteen CandlesGeek Girl #1 1984Grandview, U.S.A.Mary Maine 1987The AllnighterGina 1987Broadcast NewsBlair Litton 1988Stars and BarsIrene Stein 1988Casada con todosRose 1988Working GirlCyn 1989Say Anything...Constance Dobler 1990Men Don't LeaveJody 1990My Blue HeavenHannah Stubs 1991The Cabinet of Dr. RamirezCathy 1992Accidental HeroEvelyn Laplante 1992ToysAlsatia Zevo 1993Addams Family ValuesDebbie Jellinsky 1994Corrina, CorrinaJonesy 1995Nine MonthsGail Dwyer 1995Two MuchGloria 1996Mr. WrongInga Gunther 1997Grosse Pointe BlankMarcella 1997A Smile Like YoursNancy Tellen 1997In & OutEmily Montgomery 1999Arlington RoadCheryl Lang 1999Cradle Will RockHazel Huffman 1999Runaway BridePeggy Flemming 1999Toy Story 2Jessie (voz) 2000High FidelityLiz 2000Where the Heart IsRuth Meyers 2002It's a Very Merry Muppet Christmas MovieRachel Bitterman 2003School of RockRosalie Mullins 2003Looney Tunes: Back in ActionMother 2004Raising HelenJenny Portman 2004The Last ShotFanny Nash 2005Ice PrincessJoan Carlyle 2005Chicken LittleAbby Mallard (voz) 2006Friends with MoneyFranny 2007Martian ChildLiz 2008War, Inc.Marsha Dillon 2008Kit Kittredge: An American GirlMiss Lucinda Bond 2009Confessions of a ShopaholicJane Bloomwood 2009A decisión de AnnaJudge De Salvo 2009AcceptanceNina 2010Toy Story 3Jessie (voz) 2011Hoodwinked Too! Hood vs. EvilVerushka (voz) 2011Mars Needs MomsMilo's Mom (voz)Captura de movemento 2011Hawaiian VacationJessie (voz)Curtametraxe 2011Small FryJessie (voz)Curtametraxe 2011Arthur Christmas Mission Control Elf (voz)2012Partysaurus RexJessie (voz) 2012The Perks of Being a Wallflower Dr. Burton 2014 Welcome to Me Dawn Hurley 2015 The End of the Tour Patty 2015 Freaks of Nature Peg Parker 2016 Popstar: Never Stop Never StoppingTilly 2017 Snatched Barb 2017 Unicorn Store Gladys 2019 Toy Story 4 Jessie (voz)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sac Ticket: Joan Cusack

Categoría:Actores de Nova York Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1962 Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América