Michael Fokine (, Mikhail Mikhailovich Fokin), nado o en San Petersburgo (Imperio Ruso) e finado en Nova York (Estados Unidos) o 22 de agosto de 1942 foi un innovador coreógrafo e bailarín ruso.
Logo de ingresar con nove anos na prestixiosa escola do Ballet Imperial Ruso, e logo de graduarse pasou a formar parte da compañía, ascendendo rapidamente ao posto de bailarín solista grazas á súa magnífica técnica e expresividade, e un ano despois (1905) converteuse en profesor da escola. Posteriormente aceptou a oferta de Sergei Diagilev para pasar a formar parte dos Ballets Russes como coreógrafo principal, xa que para el supuña poder poñer en práctica as súas ideas, que rexeitaban a mímica convencional e integraban a danza, a música, o argumento, a escenografía e o vestiario nunha soa unidade. A relación de Fokine e os Ballets Russes deu como resultado a creación dun importante repertorio para a compañía de Diagilev.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Fokine Estate Archive
Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Bailaríns de ballet Categoría:Bailaríns e bailarinas dos Ballets Russes Categoría:Coreógrafos dos Ballets Russes