O alfabeto tibetano é un alfasilabario empregado para escribir as linguas tibéticas como a lingua tibetana, así como o dzongkha, o sikkimese, o ladakhi, e ás veces, o balti. A forma impresa do alfabeto é chamada escrita uchen mentres que a forma escrita a man e cursiva é chamada escrita umê.

O alfabeto está moi vencellado á identidade étnica tibetana, e emprégase no Tíbet, en Bután, na India e no Nepal.Chamberlain 2008 O alfabeto tibetano é de orixe india e é o pai do alfabeto limbu e do alfabeto lepcha,Daniels, Peter T. and William Bright. The World’s Writing Systems. New York: Oxford University Press, 1996. e tamén do multilingüe Alfabeto de 'Phags-pa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Diacríticos do alfabeto tibetano

Categoría:Alfabetos Categoría:Tíbet