Hi Fashion é un dúo estadounidense de electropop, formado por Jen DM e Rick Gradone. A música da banda mestura o estilo electrónico, o upbeat e cancións pop, moitas con letras cómicas e irónicas. DM e Gradone son orixinarios de Nova York, mais ambos agora residen nos Ánxeles. Hi fashion produciu dous EPs e o seu debut foi “Sprechen Sie Hi Fashion?”.
Gradone e DM coñecéronse nun bar homosexual na cidade de Nova York onde Gradone flirteou con DM, pensando era un home. Despois disto, DM convidou a Gradone a un concerto solidario, onde actuaba. Escoitando a DM cantar, Gradone propuxo a DM que formasen unha banda xuntos, o cal rexeitou. Gradone envioulle entón tres proxectos para que as escoitase e preguntoulle outra vez se traballaría con el. Finalmente, así foi como se formou Hi-Fashion.
Orixinalmente, o dúo nomeouse “Hi-Fashion 5.99$” e máis tarde mudouno a “Hi-Fashion 9.99$” para finalmente eliminar o prezo, chamándose soamente “Hi-Fashion”.
O seu primeiro sinxelo, “Amazing” ("Incrible"), foi publicado en xullo de 2010, e o seu EP de debut “Sprechen Sie Hi Fashion?”, un ano máis tarde, en xullo de 2011. Despois disto, a banda comezou a publicar numerosos sinxelos en iTunes e videoclips en YouTube.
Un segundo EP foi presentado en abril de 2013, "You Are Gorgeous". A banda recadou fondos para producir o álbum mediante Kickstarter, onde obtiveron 25 000 dólares. O álbum foi publicado en xullo daquel ano.
O estilo da banda é máis chamativo nos seus videoclips, demostrando un pródigo e rechamante estilo de moda, tamén fortemente reflectido nas súas actuacións en directo. A banda adoita deseñar a súa propia roupa.
Discografía Álbums de estudio Sprechen Sie Hi Moda? (xullo 2011) You Are Gorgeous (xullo de 2013) Sinxelos Amazing (xullo 2010) You Tuk my Luk (marzo 2012) Special Deivery Love (xullo 2012) 18 (abril 2013) Lighthouse (xullo de 2013) Pupusa (outubro 2013) Freak Your Halls (decembro 2013) Where is the party? (abril 2015) Mother Sister Father Brother (agosto 2015)
Na cultura popular O primeiro sinxelo, "Amazing", foi presentado na sexta temporada do programa RuPaul's Drag Race. Foi publicado o 9 de decembro de 2013 e apareceu no filme The DUFF (2015). "Lighthouse" foi presentado no filme, G.B.F. (2014).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais formados en 2009