miniatura|A Clarence S. Campbell Bowl no Hockey Hall of Fame. A Clarence S. Campbell Bowl, ou simplemente Campbell Bowl, é un trofeo da National Hockey League entregado ao campión dos play-offs da Conferencia Oeste. Recibe o seu nome en honor a Clarence S. Campbell, que foi Presidente da NHL dende a tempada 1946-47 ata a 1976-77. O trofeo está realizado en prata esterlina, elaborado en 1878. Os Vegas Golden Knights son os actuais posuidores do trofeo logo de gañar o título de Conferencia na tempada 2017-18.
Historia miniatura|esquerda|Henrik Sedin dos Vancouver Canucks campións da Conferencia Oeste en 2011 recibe a Campbell Bowl A Clarence S. Campbell Bowl foi doada polos clubs da NHL como recoñecemento ás contribucións e servizos realizados polo homenaxeado, o Presidente da Liga a comezos da Era Moderna e as expansións. Ao longo da súa historia foi paralelo ao Prince of Wales Trophy, empregando os mesmos criterios no agrupamento contrario da competición. Dende a súa introdución na tempada 1967-68 ata a 1973-74 foi entregado ao equipo que finalizaba na primeira posición da West Division durante a liga regular. Co realiñamento da NHL na tempada 1974–75, foi entregado ao equipo co mellor rexistro da liga regular na Conferencia Campbell (a sucesora da West Division) ata a tempada 1980-81. A partir da tempada 1981-82, cambiouse para ser entregado aos campións dos play-offs na Conferencia Campbell, e dende a tempada 1993-94, cando a Conferencia Campbell converteuse na Conferencia Oeste, ten sido entregado ao campión dos play-offs da Conferencia Oeste.
Existe unha superstición tradicional que permanece en moitos dos xogadores actuais da NHL pola que ningún xogador debe tocar ou erguer os trofeos Campbell (campión da Conferencia Oeste) ou o Prince of Wales (campión da Conferencia Leste) despois de ter gañado os play-offs de conferencia; eses xogadores senten que a Stanley Cup é o verdadeiro trofeo de campión e a causa diso debe ser o único o único trofeo que levanten. In lugar de tocar o trofeo de conferencia, o capitán do equipo gañador simplemente posa (habitualmente de forma solemne) co trofeo, e ás veces, todo o equipo posa con el. Con todo, houbo outros equipos que ignoraron a superstición e ergueron os trofeos de conferencia, e logo conseguirán gañar a Stanley Cup de todos xeitos.
Campións + Títulos totais por equipo Vitorias Equipo7Chicago BlackhawksEdmonton Oilers6Detroit Red WingsPhiladelphia Flyers3Calgary FlamesMinnesota/Dallas StarsLos Angeles KingsNew York IslandersVancouver CanucksSt. Louis Blues2Anaheim (Mighty) DucksColorado Avalanche1 Nashville Predators San Jose Sharks Vegas Golden Knights
Lenda ^ = Ano no que afianzou o seu liderado en vitorias ¤ = Ano no que afianzou o seu liderado en vitorias consecutivas † = Eventuais campións da Stanley Cup
Campión da West Division na liga regular (1967–74) TempadaGañadorVitoria # 1967-68 Philadelphia Flyers ^ ¤ 1 1968-69 St. Louis Blues 1 1969-70 St. Louis Blues ^ ¤ 2 1970-71 Chicago Black Hawks 1 1971-72 Chicago Black Hawks 2 1972-73 Chicago Black Hawks ^ ¤ 3 1973-74 Philadelphia Flyers † 2
Campión da Conferencia Campbell na liga regular (1974–81) TempadaGañadorVitoria # 1974-75 Philadelphia Flyers † 3 1975-76 Philadelphia Flyers ^ 4 1976-77 Philadelphia Flyers ¤ 5 1977-78 New York Islanders 1 1978-79 New York Islanders 2 1979-80 Philadelphia Flyers 6 1980-81 New York Islanders † 3
Campión da Conferencia Campbell nos play-offs (1981–93) TempadaGañadorVitoria # 1981-82 Vancouver Canucks 1 1982-83 Edmonton Oilers 1 1983-84 Edmonton Oilers † 2 1984-85 Edmonton Oilers † 3 1985-86 Calgary Flames 1 1986-87 Edmonton Oilers † 4 1987-88 Edmonton Oilers † 5 1988-89 Calgary Flames † 2 1989-90 Edmonton Oilers † 6 1990-91 Minnesota North Stars 1 1991-92 Chicago Blackhawks 4 1992-93 Los Angeles Kings 1
Campión da Conferencia Oeste nos play-offs (1993–presente) TempadaGañadorVitoria # 1993-94 Vancouver Canucks 2 1994-95 Detroit Red Wings 1 1995-96 Colorado Avalanche † 1 1996-97 Detroit Red Wings † 2 1997-98 Detroit Red Wings † 3 1998-99 Dallas Stars † 1 1999-00 Dallas Stars 2 2000-01 Colorado Avalanche † 2 2001-02 Detroit Red Wings † 4 2002-03 Mighty Ducks of Anaheim 1 2003-04 Calgary Flames 3 2004-05 Tempada cancelada 2005-06 Edmonton Oilers ^ 7 2006-07 Anaheim Ducks † 2 2007-08 Detroit Red Wings † 5 2008-09 Detroit Red Wings 6 2009-10 Chicago Blackhawks † 5 2010-11 Vancouver Canucks 3 2011-12 Los Angeles Kings † 2 2012-13 Chicago Blackhawks † 6 2013-14 Los Angeles Kings † 3 2014-15 Chicago Blackhawks †7 2015-16 San Jose Sharks 1 2016-17 Nashville Predators 1 2017-18 Vegas Golden Knights 1 2018-19 St. Louis Blues † 3
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de premios da National Hockey League Finais de Conferencia da NHL Prince of Wales Trophy
Ligazóns externas Historia da Clarence S. Campbell Bowl en NHL.com
Categoría:Trofeos e premios da National Hockey League Categoría:Conferencia Oeste da NHL Categoría:Finais de Conferencia da NHL