Rio Haryanto alcumado "Hary", nado en Surakarta o 22 de xaneiro de 1993, é un piloto de Fórmula Un indonesio de Manor. Converteuse no primeiro piloto de F1 de Indonesia.

Haryanto gañou a Fórmula BMW Pacific en 2009 e completou 4 tempadas na GP2 gañando tres carreiras en 2015. Haryanto está patrocinado pola marca de aceite Indonesia Pertaminia o que o axudou a conseguir un asento en Manor Racing en 2016.

Carreira

Asian series

Haryanto comezou a súa andaina nas carreiras de coches no seu continente natal, competindo en tres series asiáticas durante o ano 2008: Asian Formula Renault Challenge, Formula Asia 2.0, e Formula BMW Pacific. Foi o máis competitivo na serie FAsia 2.0, gañando dúas carreiras para terminar terceiro no campionato detrás dos pilotos europeos expatriados Félix Rosenqvist e Matthias Beche. En 2009 volveu a competir en varias series, incluíndo o Australian Drivers' Championship e a Asian Formula Renault Challenge unha vez máis. O seu obxectivo principal deste ano, con todo, foi o campionato Formula BMW Pacific, que dominou con 11 vitorias das 15 carreiras (aínda que cinco destas carreiras foron gañadas por pilotos invitados que non participaban no campionato), pilotando para o equipo de Malaisia Meritus. Isto incluíu unhas carreira perfectas con catro vitorias absolutas, Pole Positions e voltas rápidas nas catro carreiras consecutivas celebradas no circuíto de casa en Sentul. Tamén competiu nunha rolda do equivalente European FBMW series, como piloto invitado nesta ocasión.

GP3 Series

Hary achegouse á máis competitiva escena das carreiras de tempo completo Europeo de 2010 ao unirse ao equipo Manor Racing de Fórmula 1 nas GP3 Serie. Os seus tres compañeiros de equipo durante a tempada foron James Jakes, Adrien Tambay e Adrian Quaife-Hobbs. Nunha impresionante primeira tempada neste nivel, gañou unha carreira en Istanbul Park e logrou dous podios para terminar no quinto lugar no campionato de pilotos, liderando aos pilotos de Manor. A súa forma foi "unha das sorpresas da tempada", de acordo coa revista Autosport. Quedou co equipo en 2011, agora chamado Marussia Manor Racing, xunto Quaife-Hobbs e Matias Laine. Malia lograr dúas vitorias en Nürburgring e en Hungaroring, a súa inconsistencia, incluíndo unha racha de sete carreiras sen sumar puntos no inicio do ano, viuno baixar ao sétimo lugar no campionato, detrás de Quaife-Hobbs. Ambas vitorias foron en condicións de choiva, dándolle unha reputación como especialista en pistas molladas.

Auto GP

Ademais das súas carreiras de GP3, Hary tamén pilotou para o equipo DAMS nas Auto GP series, competindo en todas menos unha proba do campionato, xa que coincidía co calendario da GP3. Logrou unha vitoria no Circuíto Ricardo Tormo en Valencia e terminou sétimo na clasificación de pilotos. Os esforzos de Hary, Afanasiev, Tambay, e o substituto de Hary, Kevin Korjus, foron suficientes para que o equipo DAMS gañara o campionato de equipos.

GP2 Series miniatura| right | Haryanto aliñado xunto Marcus Ericsson durante a súa primeira carreira de GP2 Series en Malaisia, pilotando para Carlin. Haryanto fixo o seu debut na GP2 Series con DAMS nunha carreira fóra de campionato no final de tempada en Yas Marina en 2011. Participou a tempo completo en 2012 con Carlin apoiado polo equipo Marussia, con Max Chilton como compañeiro. É o primeiro indonesio en competir a este nivel do automobilismo desde Ananda Mikola, que competiu na Fórmula 3000 Internacional durante o 2000 e 2001. Na súa primeira tempada da GP2, Hary logrou unha soa volta rápida, unha única pole position en condicións de humidade en Spa, o que confirma a súa reputación como especialista en mollado e un mellor final de carreira en quinto lugar na carreira principal en Valencia, asegurando o 14º posto no campionato ao final da tempada. Correu na GP2 Series de 2013 para o Barwa Addax Team. Xunto ao seu compañeiro de equipo Jake Rosenzweig. O 30 de xuño de 2013, logrou o seu primeiro podio nas GP2 Series en Silverstone e ao mesmo tempo, o primeiro podio para o Barwa Addax Team na GP2 de 2013.

Para as GP2 Series de 2014 trasladouse a EQ8 Caterham Racing, como compañeiro de Alexander Rossi. O 24 de maio de 2014, logrou o seu segundo podio nas GP2 Series en Mónaco e, ao mesmo tempo, o primeiro podio da tempada 2014 das GP2 Series. Haryanto cambiou a Campos para a tempada 2015 da GP2 Series Logo de tomar o segundo lugar na carreira principal en Bahrain, Hary logrou a súa primeira vitoria na GP2 na carreira ao sprint do día seguinte logrou a súa segunda vitoria na carreira de velocidade no Red Bull Ring malia ter un alerón dianteiro danado. Haryanto terminou a tempada 2015 de GP2 Series no cuarto lugar con 138 puntos.

Fórmula Un

Haryanto relacionouse co equipo Virgin Racing / Marussia F1 / Manor Racing desde a súa primeira tempada na GP3 con Manor en 2010, xa que pilotou para os equipos xuvenís co seu apoio desde entón. No outono dese ano, gañou o dereito a probar con Virgin ao final da tempada de Fórmula Un, debido á súa posición final como o piloto Manor de máis alto rango na clasificación final da GP3 probou para Virgin en Abu Zabi o 16 de novembro. Sufriu problemas co cambio, rexistrou o tempo máis lento dos trece corredores na sesión da mañá. Non recibiu o premio do test en 2011 debido a que o seu compañeiro de equipo Adrian Quaife-Hobbs gañoulle na táboa de posicións nesta ocasión.

Haryanto foi en 2012 o compañeiro de Max Chilton nas GP2 Series pilotando para Marussia nas primeiras probas de novos pilotos da tempada de Fórmula 1, que tivo lugar durante a tempada en Silverstone. Correron durante dous días, Haryanto completou trescentos quilómetros de probas, cumprindo unha das condicións para ter dereito a unha super licenza e converténdose no primeiro piloto de Indonesia cualificado para competir na Fórmula 1.

Manor Racing (2016-presente)

O 18 de febreiro de 2016 Haryanto foi confirmado como piloto de Manor Racing F1 Team para a tempada . Fixo o seu debut no Gran Premio de Australia de 2016 o venres, 18 de marzo de 2016. Terminou a primeira e segunda sesión de adestramentos libres no 19º e o 14º lugar, respectivamente. Hary terminou a terceira práctica libre na 22ª posición. Estivo implicado nun incidente que se produciu apenas uns segundos despois do comezo da terceira sesión de adestramentos, cando Hary e Romain Grosjean colidiron no pit lane. Hary recibiu posteriormente unha penalización de tres posicións polo incidente, así como dous puntos de penalización na súa licenza. Hary retirouse da súa carreira de debut debido a un problema na articulación de accionamento na volta 18.

O 10 de agosto de 2016, Manor confirmou que degradaran a Hary a piloto reserva, e anunciaron a Esteban Ocon como o seu substituto.

Rexistro de carreiras

Resumo da súa carreira Tempada Series Equipo Carreiras Gañados Poles V/rápidas Podios Puntos Posición 2008 Asian Formula Renault Challenge Asia Racing Team 10 2 1 2 3 160 6º Formula Asia 2.0 13 1 1 2 7 121 3º Formula BMW Pacific Pacific Racing 5 0 0 0 0 0† NC† 2009 Australian Drivers' Championship – National A PHR Scuderia 2 0 1 1 0 29 11º Australian Drivers' Championship – Gold Star Astuti Motorsport 2 0 0 0 0 18 8th Asian Formula Renault Challenge Asia Racing Team 2 0 0 0 2 48 11º Formula BMW Europe Scuderia Coloni 2 0 0 0 0 0† NC† Formula BMW Pacific Questnet Team Qi-Meritus 15 11 7 9 12 250 1º 2010 GP3 Series Manor Racing 16 1 0 0 3 27 5ºFórmula 1Marussia Virgin Racing Piloto de probas 2011 GP3 Series Marussia Manor Racing 16 2 0 1 4 31 7º Auto GP DAMS 14 1 1 2 3 82 7º GP2 Final 2 0 0 0 0 0 17º2012 GP2 Series Carlin 24 0 1 1 0 38 14º2013 GP2 Series Barwa Addax Team 22 0 0 0 1 22 19º2014 GP2 Series EQ8 Caterham Racing 22 0 0 0 1 28 15º2015 GP2 Series Campos Racing 22 3 0 1 5 138 4º2016 Fórmula 1 Manor Racing 12 0 0 0 0 0 24º * Tempada en curso. † como Haryanto era un piloto invitado, non podía puntuar.

Resultados completos nas GP3 Series (key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos 2010 Manor Racing ESPFEA20 ESPSPR25 TURFEA8 TURSPR1 VALFEA6 VALSPR4 GBRFEA2 GBRSPRRet GERFEARet GERSPRRet HUNFEA20 HUNSPR11 BELFEA18 BELSPR18 ITAFEA3 ITASPR23 5º 27 2011 Marussia Manor RacingTURFEA26TURSPR10ESPFEA20ESPSPR11VALFEA19VALSPR22†GBRFEA10GBRSPR4GERFEA1GERSPR10HUNFEA9HUNSPR1BELFEA12BELSPR9ITAFEA3ITASPR2 7º 31

Resultados completos de Auto GP (key) (Carreiras en negra indican pole position) (carreiras en itálica indican volta rápida) Anor Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Pos Puntos 2011 DAMS MNZ1Ret MNZ211 HUN110 HUN25 BRN16 BRN22 DON111 DON211 OSC1 OSC2 VAL15 VAL21 MUG15 MUG22 7º 82

Resultados completos na GP2 Series (key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 Pos. Puntos 2012 Marussia Carlin GP2 Team MYSFEA12 MYSSPR10 BHR1FEA9 BHR1SPR15 BHR2FEA6 BHR2SPR6 ESPFEA16 ESPSPR15 MONFEA14 MONSPR11 VALFEA5 VALSPRRet GBRFEA10 GBRSPR12 GERFEA17 GERSPR11 HUNFEA12 HUNSPR7 BELFEA10 BELSPR7 ITAFEA19 ITASPR12 SGPFEA9 SGPSPR11 14º 38 2013 Barwa Addax Team MYSFEA20 MYSSPR18 BHRFEA15 BHRSPR24 ESPFEA9 ESPSPR24 MONFEARet MONSPR16 GBRFEA7 GBRSPR2 GERFEA18 GERSPR14 HUNFEA11 HUNSPR10 BELFEA19 BELSPR25 ITAFEA14 ITASPR7 SGPFEA20 SGPSPR11 ABUFEA14 ABUSPR12 19º 22 2014 EQ8 Caterham Racing BHRFEA16 BHRSPR16 ESPFEA5 ESPSPRRet MONFEA7 MONSPR3 AUTFEA11 AUTSPR17 GBRFEA21 GBRSPRRet GERFEA22† GERSPR10 HUNFEARet HUNSPR17 BELFEARet BELSPR16 ITAFEA16 ITASPR15 RUSFEA18 RUSSPR15 ABUFEA9 ABUSPR12 15º 28 2015 Campos Racing BHRFEA2 BHRSPR1 ESPFEA4 ESPSPR6 MONFEA16 MONSPRRet AUTFEA7 AUTSPR1 GBRFEA8 GBRSPR1 HUNFEA4 HUNSPR5 BELFEA13 BELSPR10 ITAFEA13 ITASPR11 RUSFEA5 RUSSPR2 BHRFEA7 BHRSPR18 ABUFEA7 ABUSPRC 4º 138

† Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Pos. Puntos Manor Manor MRT05 Mercedes PU106B Hybrid 1.6 V6 t AUSRet BHR17 CHN21 RUSRet ESP17 MON15 CAN19 MAL18 AUT16 RURet HUN21 ALE20 BEL ITA SIN MAL XPN USA MEX BRA ABU 24º 0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Indonesia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Manor