A Rexión Autónoma do Mindanao Musulmán (RAMM) é unha rexión antiga de Filipinas, a única do país que tivo o seu propio goberno.
Foi creada o 1 de agosto de 1989.Lei de creación da RAMM.
Está formada por cinco provincias: Basilán, Lanao do Sur, Maguindanao, Sulu e Tawi-Tawi. Mediante o decreto nº 36, Basilán trasladouse desde a Rexión IX e Marawi desde a Rexión XII.
O goberno rexional está en Cotabato, aínda que esta cidade forma parte da Rexión XII. Ten unha extensión de 26 974 km² e unha poboación de 4 120 795 habitantes (censo de 2007).
Os idiomas falados na rexión son o banguinguí, maguindanaó, maranao e suluano.
Provincias miniatura|280px|Mapa da RAMM.
Provincia Capital Poboación(2000) Superficie(km²) Densidade de poboación(hab/km²)BasilánO cadro exclúe Isabela.IsabelaParte da rexión da Península de Zamboanga.408 5201 994,1204,9Lanao do SurMarawi1 138 544 12 051,994,5MaguindanaoO cadro exclúe Cotabato. Inclúe Shariff Kabunsuan.Shariff Aguak1 273 715 7 142178,3SuluJoló849 670 2 135,3397,9Tawi-TawiBongao450 3463 426,6131,4
Historia
Os musulmáns de Mindanao, cuxo nome colectivo é Bangasamoro, loitaron moito tempo para conseguiren o seu autogoberno baixo a lei e a cultura islámica. Este obxectivo logrouse o 1 de agosto de 1989 coa aprobación da Lei da República Nº 6.734.
A Rexión Autónoma Musulmá de Mindanao componse das provincias e cidades cuxo voto foi favorábel no plebiscito convocado a este efecto.De conformidade coa Sección 18, Artigo X da Constitución. Foron as provincias de Basilán, Cotabato, Davao do Sur, Lanao do Norte, Lanao do Sur, Maguindanao, Paragua, Cotabato do Sur, Sultan Kudarat, Sulu, Tawi-Tawi, Zamboanga do Norte e Zamboanga del Sur, así como as cidades de Cotabato, Dapitan, Dipolog, General Santos, Iligan, Marawi, Pagadian, Puerto Princesa e Zamboanga.
O 28 de agosto de 2006 a Asemblea desta Rexión Autónoma, dentro do seu ámbito competencial que comprende a creación de novas provincias decidiu crear unha nova, denominada Provincia do Xerife Kabunsuan e composta polos oito municipios do primeiro distrito de Maguindanao.No artigo 19, o artigo VI da AR 9054.
Estes pobos, que agora se denominan colectivamente "Bangasamoro" querían dar forma ao seu propio destino.
Competencias A Comunidade Autónoma do Mindanao Musulmán, parte integral e inseparábel do territorio nacional da República de Filipinas, está rexida e administrada de acordo coa súa Lei Orgánica.
O Goberno Rexional resolverá os posibles conflitos por medios pacíficos, renunciando ao emprego de calquera forma de violencia. As cidades altamente urbanizadas incluídas na Rexión Autónoma continuarán rexéndose polos seus estatutos, de modo que esta lei non pode diminuír os poderes e funcións dos que xa dispoñían.Republic Act Nº 6734: ARTICLE III Principios reitores e Políticas.miniatura|280px|Situación da RAMM en Filipinas.|centro
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Lei de creación da RAMM Páxina web oficial
Categoría:Antigas rexións de Filipinas