A norma ISO 9362 establece un código de identificación bancario empregado principalmente para facilitar as transferencias internacionais de diñeiro. Este código coñécese coma código SWIFT ou código BIC. O código consta de 11 caracteres: Os primeiros catro caracteres identifican o banco; Os seguintes dous caracteres identifican o país (seguindo a norma ISO 3166-1); Os seguintes dous caracteres identifican a localidade; Os últimos tres caracteres son opcionáis e identifican a oficina; pódese empregar XXX para referirse á oficina principal.

Tamén se pode empregar unha versión abreviada de oito caracteres, na que se entende que a oficina referenciada é a principal.

A Society for Worldwide Interbank Financial Telecommunication (SWIFT) xestiona estes códigos, dos que existen ao redor duns 7.500 activos (para contrapartes conectadas activamente á rede BIC) e ao redor de 10.000 códigos adicionáis empregados en transaccións manuais.

Exemplos de códigos O Banco Santander (BSCH) español (ES) en Madrid (MM) ten o código SWIFT BSCHESMMXXX. O Banco estadounidense (US) JP Morgan Chase (CHAS) en Nova York ten o código SWIFT CHASUS33XXX. O Banco da China (BKCH) en Hong Kong (HK) ten o código SWIFT BKCHHKHHXXX.

Véxase tamén Outros artigos IBAN IATA SWIFT

Ligazóns externas Cálculo e validación do IBAN, validación de CCC, Códigos BIC. Portal oficial de SWIFT sobre os códigos BIC . Validador IBAN.

9362 Categoría:Economía