A praia de Area Longa, tamén coñecida como praia de Baroña, é unha praia galega, situada na parroquia de Baroña, no Porto do Son, ao pé do castro de Baroña.

Trátase dunha praia fecuentada por nudistas,Federación Española de Naturismo así como por surfistas (debido ás súas ondas).

Características miniatura|esquerda|Visitantes na praia de Area Longa, ou de Baroña.

A súa extensión é de 350 m, e ten 35 m de anchura. O seu nivel de ocupación en verán é medio-alto. É unha praia illada sen paseo marítimo, e está principalmente composta por rochas e area branca e dourada.

É unha praia de ámbito virxe, con forma de enseada. Á súa dereita atópase o coñecido castro de Baroña, ao que é recomendable facer unha visita.Praia de Area Longa en Turgalicia .

O estado habitual do mar é de ondadas de moderadas a fortes. A praia está sometida a un forte vento. Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis.Playa Area Longa / Baroña en playas.es . Límpase diariamente.

A principio da década de 1980 saltou aos medios de comunicaciónDon Sabino, cura párroco de Baroña, gana la primera batalla al nudismo por ser unha praia escollida polos nudistas, o que en principio trouxo certa polémica.

É unha praia apta para practicar o submarinismo. Ademais é unha das praias onde máis se practica o surf pola constante ondada do que goza.

Está incluída na Rede Natura 2000.

A praia conta con servizo de autobús interurbano. Non dispón de aparcadoiro. O acceso a pé, desde a estrada AC-550, é fácil, e para acceder a ela hai que baixar unha acusada pendente (sinalizada).

O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 9 km, no lugar de Salmón, na parroquia de San Martiño de Oleiros, no veciño concello de Ribeira.

Notas

Area Longa Categoría:Praias nudistas