Nitrospira é un xénero de bacterias do filo Nitrospirae. O primeiro membro deste xénero foi descrito en 1986 por Watson et al. illado no golfo de Maine; tratábase da especie Nitrospira marina. O segundo membro do xénero descubriuse en 1995 dun tubo de ferro oxidado dun sistema de calefacción de Moscova, e a especie denominouse Nitrospira moscoviensis, a cal era un organismo gramnegativo oxidante de nitrito de forma helicoidal ou vibroide cun tamaño de 0,9-2,2 x 0,2-0,4 micrómetros.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Nitrospirae, filo Nitrosomonas Nitrobacteraceae Nitrobacter Ciclo do nitróxeno
Ligazóns externas MicrobeWiki -- Nitrospira
Categoría:Bacterias