Unha oxidase é un encima que cataliza unha reacción de oxidorredución que implica ao oxíxeno molecular (O2) como aceptor de electróns. Nestas reaccións, o oxíxeno redúcese a auga (H2O) ou peróxido de hidróxeno (H2O2).The Free dictionary Oxidase

As oxidases son unha subclase de encimas oxidorredutases.

Exemplos Un importante exemplo é a citocromo c oxidase, que é un encima clave para que o corpo poida utilizar o oxíxeno na xeración de enerxía na cadea de transporte de electróns. Outros exemplos son: glicosa oxidase monoamino oxidase citocromo P450 oxidase NADPH oxidase xantina oxidase L-gulonolactona oxidase laccase lisil oxidase

Proba da oxidase

En microbioloxía, a proba ou test da oxidase é moi utilizada como unha característica fenotípica para a identificación de especies e cepas de bacterias. A proba determina se unha bacteria dada produce citocromo oxidases, e, por tanto, utiliza o oxíxeno nunha cadea de transporte de electróns.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Probas da catalase e a oxidase vídeo

Categoría:Oxidorredutases