Peter Lindsay Weir (), nado en Sidney o 21 de agosto de 1944 é un director de cinema australiano.

Traxectoria Estudou artes e leis na Universidade de Sydney e comezou a interesarse polo cinema a través de compañeiros coma Phillip Noyce. Trala universidade entrou na televisión local ATN-7, onde traballou como axudante de produción e realizou as súas primeiras curtas experimentais.

Tras realizar varios documentais, o seu primeiro filme independente foi a comedia negra Homesdale (1971). Destacou en Australia e tamén internacionalmente en 1975 con Picnic at Hanging Rock, primeiro filme australiano da época en ter unha estrea internacional.

En 1981 obtivo outro grande éxito con Gallipoli, que axudou a converter a Mel Gibson (Mad Max, salvaxes de autoestrada) nunha estrela. Catro anos despois rodou o seu primeiro filme nos Estados Unidos, o suspense de éxito Testemuña única, o seu primeiro traballo con Harrison Ford, que tamén apareceu en The Mosquito Coast (1986), adaptación de Paul Schrader da novela de Paul Theroux.

Tamén conseguiu grandes éxitos con Club dos poetas mortos, Green Card, The Truman Show e Master and Commander: The Far Side of the World.

Filmografía Longametraxes Ano Filme Notas1969Man on a Green Bike (Telefilme)Director, guionista1971HomesdaleDirector, guionista1974The Cars That Ate ParisDirector, guionista1975Picnic at Hanging RockDirector1977The Last WaveDirector, guionista1979The Plumber (Telefilme)Director, guionista1981GallipoliDirector, guionista1982O ano que vivimos perigosamenteDirector, guionista1985Testemuña únicaDirector1986A costa dos mosquitosDirector1989Club dos poetas mortosDirector1990Green CardDirector, produtor, guionista1993FearlessDirector1998The Truman ShowDirector2003Master and Commander: The Far Side of the WorldDirector, guionista2010The Way BackDirector, produtor, guionista

Curtametraxes Count Vim's Last Exercise (1967) – 16mm b/w, 15 min – guionista, director The Life and Flight of the Reverend Buckshotte (1968) 16mm b/w, 33 min – guionista, director Three to Go (1969) (segment "Michael") – 16 mm, b/w, 30 min – guionista, director Stirring the Pool (1970) – 16mm, cor, 10 min – director Tempo (1970) – guionista Homesdale (1971) – 16 mm, b/w, 50 min – guionista, director Three Directions In Pop Music (1971) – 16mm, cor, 10 min – director Incredible Floridas (1972) – 35mm, cor, 12 min – director What Ever Happened to Green Valley? (1973) – 16mm, 50 min – director

Véxase tamén Ligazóns externas

Peter Weir Cave (páxina non oficial)

Categoría:Directores de cinema de Australia Categoría:Nados en Sidney Categoría:Nados en 1944 Categoría:Óscar honorífico