A vigairía apostólica de Asmara dos latinos (en latín: Vicariatus Apostolicus Asmarensis Latinorum) foi unha sé da Igrexa Católica Latina, suprimida en 1995.

Historia A prefectura apostólica de Eritrea foi erixida o 13 de setembro de 1894, en territorios da vigairía apostólica de Exipto e da prefectura apostólica do Delta do Nilo (hoxe integrantes da vigairía apostólica de Alexandría de Exipto). O seu primeiro prefecto apostólico foi o padre capuchino italiano Michele da Carbonara, dende a institución da prefecturá até o seu pasamento en 1910.Metodio da Nembro, 1953, p. 25.

O 7 de febreiro de 1911 a prefectura apostólica foi elevata a vigairía apostólica.

O 4 de xullo de 1930 cedeu a xurisdición sobre os católicos etíopes ao ordinariato de Eritrea, pasando a ter só xurisdición sobre os fieis de rito latino.

O 25 de xullo de 1959 cambiou o nome polo de vigairía apostólica de Asmara.

En 1995 a vigairía apostólica, vacante dende 1971, foi suprimida; e os fieis de rito latino pasaron a depender das eparquías de rito etíope de Asmara, Barentu e Keren.

Episcopoloxio Michele da Carbonara (1 de outubro de 1894 - 1910) Camillo Francesco Carrara (decembro de 1910 - 15 de xuño de 1924, finado) Celestino Annibale Cattaneo (24 de marzo de 1925 - 3 de marzo de 1936, renuncia) Giovanni Luigi Marinoni (21 de xullo de 1936 - 12 de agosto de 1961, retirado) Zenone Albino Testa (12 de agosto de 1961 - 12 de xuño de 1971, renuncia) Administrador apostólico: Luca Milesi (1971 - 1995)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org

Categoría:Divisións territoriais católicas en Eritrea Categoría:Antigas divisións territoriais da Igrexa católica latina