Matarranya (Matarraña en castelán e oficialmente Matarraña/MatarranyaDECRETO LEXISLATIVO 2/2006 , de 27 de decembro, do Goberno de Aragón, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Delimitación Comarcal de Aragón.) é unha comarca de Aragón, en España, situada ao leste da provincia de Teruel. A capital administrativa é Valderrobres e a cultural é Calaceite.

Municipios A comarca engloba aos municipios de Arens de Lledó, Beceite, Calaceite, Cretas, Fórnoles, La Fresneda, Fuentespalda, Lledó, Mazaleón, Monroyo, Peñarroya de Tastavins, La Portellada, Ráfales, Torre de Arcas, Torre del Compte, Valdeltormo, Valderrobres e Valjunquera.

Xeografía Limita ao norte co Bajo Aragón-Caspe, ao leste coa provincia de Tarragona, ao sur coa provincia de Castelló e ao oeste co Bajo Aragón. A bisbarra de Matarraña adóitase considerar parte do Bajo Aragón Histórico.

Linguas Pertence á chamada Franja de Ponent, e en todos os municipios a lingua local está entre as variedades clasificadas como dialectos do catalán.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Comarca Matarraña, en comarcaacomarca.com Comarcalización de Aragón, Matarraña

Matarraña