O Cinca Medio é unha comarca de Aragón, en España, situada no leste da provincia de Huesca, no curso medio do río Cinca. A súa capital é Monzón. É unha das bisbarras aragonesas con maior densidade de poboación, con 41,87 hab/km².

Municipios A comarca engloba aos municipios de Albalate de Cinca, Alcolea de Cinca, Alfántega, Almunia de San Juan, Binaced, Fonz, Monzón, Pueyo de Santa Cruz e San Miguel del Cinca.

Xeografía Limita ao noroeste co Somontano de Barbastro, ao leste con La Litera e ao sur co Bajo Cinca e os Monegros.

Economía As súas principais fontes de ingresos son a industria e a agricultura.

Véxase tamén

Ligazóns externas Mapa oficial en pdf Comarca Cinca Medio, en comarcaacomarca.com Comarcalización de Aragón, Cinca Medio

Cinca Medio