San Fins de Caberta é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 114 habitantes (56 homes e 58 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 166 habitantes.
Patrimonio A súa igrexa parroquial foi construída no século XII e reformada cara a 1700. É un templo de pequenas dimensións, cunha figura de pedra do patrón na fachada principal.
Lugares e parroquias Lugares de Caberta
Parroquias de Muxía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Muxía
Categoría:Parroquias de Muxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Fins