San Pedro de Leis de Nemancos é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o padrón municipal en 2009 tiña 110 habitantes (58 mulleres e 52 homes), cinco menos que en 2004 e 18 menos que en 1999. Ten unha única entidade de poboación.
Na igrexa parroquial de San Pedro hai un crismón do século VI, feito en rocha calcaria.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Leis de Nemancos
Parroquias de Muxía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Muxía
Categoría:Parroquias de Muxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro