San Cristovo de Nemiña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o INE en 2009 tiña 129 habitantes (65 mulleres e 64 homes) distribuídos en 4 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 141 habitantes, e 1999 cando tiña 154 habitantes.

Topónimo Os topónimos galegos que conteñen a raíz Neme- (como Nemiña, monte Neme, Nemetobriga etc.) están posibelmente relacionados cos espazos nomeados nemeton e coa deusa céltica Nemetona.

Patrimonio A súa igrexa parroquial é un pequeno templo románico, a máis pequena das igrexas románicas da comarca (13 x 6 m). Consta dunha soa nave rectangular, cuberta de madeira e ábsida cadrada, cun arco de acceso apoiado sobre dúas columnas acaroadas que rematan en senllos capiteis decorados con temas vexetais, semellantes ós da igrexa de Frixe. A bóveda que cobre a ábsida é apuntada.

O campanario foille engadido no século XVII, así como unha sancristía nun lateral da ábsida. Segundo deixou escrito nas súas memorias o cardeal Jerónimo de Hoyo a comezos do século XVII, o templo foi asaltado dúas veces polos ingleses. Tamén dicía que tiña unha renda ben módica, correspondéndolle "Media vaca fera que lle deu un veciño e oito ducados que lle concedeu o dono dun navío".

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Nemiña

Parroquias de Muxía

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Muxía Camiño dos Faros

Categoría:Parroquias de Muxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo Categoría:Camiño dos Faros