San Martiño de Cabrui é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 174 habitantes (98 mulleres e 76 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 236 habitantes.

miniatura|Cabrui no Catastro de Ensenada (1752). miniatura|Cabrui no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1846).

Historia No ano 1173 o couto de Cabrui foi doado por Fernando II de Galiza e León ao mosteiro de Sobrado.

Demografía Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 47 305 315

Século XIX 1816/17 1826 1831 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 62 77 – 29 51 83 60 – – Habitantes – 500 346 126 269 441 322 269 346

Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 407 440 469 545 534 559 400 299 264 246 236 228

Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 236 233 217 221 216 209 205 204 198 199 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 198 195 197 193 192 195 189 Fonte: IGE (padrón municipal)Instituto Galego de Estatística (IGE):

Patrimonio A igrexa parroquial de San Martiño de Cabrui é do século XIII, aínda que ten engadidos doutras épocas, como o campanario, que data do XVIII. A parte máis antiga é o arco triunfal que descansa sobre uns piares rectangulares.

A Casa do Coronel data do primeiro terzo do século XX, foi construída a partir dos bosquexos dun alumno de arquitectura (o logo afamado arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez) que cumpría o servizo militar baixo as ordes do coronel propietario da casa.

Festas San Antón, o 9, 10 e 11 de xuño. San Martiño, 11 e 12 de novembro.

Persoeiros Nesta parroquia, no lugar das Foucellas, naceu en 1908 o guerrilleiro antifranquista Benigno Andrade García "O Foucellas".

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Cabrui

Parroquias de Mesía

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mesía

Ligazóns externas Cabrui na web do concello de Mesía

Categoría:Parroquias de Mesía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Tours