San Salvador de Xanceda é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 294 habitantes (147 homes e 147 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha constante diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 389 habitantes, e ao ano 1999, con 407 habitantes.

A capital municipal localízase no lugar do Campo das Mentiras.

Patrimonio A igrexa parroquial de San Salvador de Xanceda data do século XVIII, ten planta en cruz latina. No interior sepárase o presbiterio do resto da construción por un arco de triunfo.

A Casa Grande de Xanceda era unha casa señorial dedicada á explotación agrícola. Foi construída no século XVIII e pertenceu ao Marquesado de San Martiño de Ombreiro. Ten planta en de forma de L e conserva unha pequena torre cadrada. A Casa cumpriu as funcións de concello ata hai uns cincuenta anos.

O castro de Xanceda, no cal se atopou en 1974 o denominado tesouro de Xanceda, que está depositado no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.

Festas As Misas o 6 de agosto. San Bartolomeu o 24 e 25 de agosto. O Divino Salvador o 25 e 26 de decembro.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Xanceda

Parroquias de Mesía

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Mesía

Ligazóns externas Xanceda na web do concello de Mesía

Categoría:Parroquias de Mesía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador