San Martiño de Visantoña é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 498 habitantes (245 mulleres e 253 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 649 habitantes.
Patrimonio Lindando coa parroquia de Filgueira de Traba (concello de Oza Cesuras) está o castro da Braña. A igrexa parroquial de San Martiño de Visantoña, de construción recente, é de planta rectangular. No interior gárdase un retablo do século XVIII.
Festas As Flores, o último domingo de maio. A Virxe do Rosario os días 2 e 3 de xullo. San Martiño o 10, 11 e 12 de novembro.
Lugares e parroquias Lugares de Visantoña
Parroquias de Mesía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mesía
Ligazóns externas Visantoña na web do concello de Mesía
Categoría:Parroquias de Mesía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Tours