Santiago de Traba é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Laxe na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 482 habitantes (253 homes e 229 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes.

Toponimia A orixe do topónimo podería estar no substantivo latino tabula (táboa, referido neste caso á chaira cadrada onde se atopa a vila e onde houbo un castelo medieval)Artigo no Portal das Palabras da RAG.

Historia A liñaxe dos Traba, poderosa familia nobre do antigo Reino de Galiza, era orixinaria desta parroquia, onde existiu un castelo medieval.

Patrimonio A igrexa de Santiago de Traba foi construída orixinalmente a finais do século XII, pero foi reformada posteriormente. Na fachada barroca con aspecto renacentista destacan as columnas salomónicas, a figura de Santiago Matamouros e a imaxe da Virxe na Ascensión, flanqueada por San Francisco, San Pedro e Adán e Eva.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Traba

Parroquias de Laxe

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Laxe Camiño dos Faros Praia de Traba Casa de Traba

Categoría:Parroquias de Laxe Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Camiño dos Faros